Domingo Álvarez Álvarez, nado no Rosal en 1881 e finado en Tomiño en setembro de 1967,El Pueblo Gallego, 10-9-1967, p. 15. foi un avogado e escritor galego.

Traxectoria Foi telleiro na súa mocidade. Emigrou ao Brasil. De volta a Galicia, foi contable e procurador e preparou oposicións a secretario xudicial e secretario de concello. Foi secretario dos concellos do Rosal, Gondomar, Meaño e Poio. Foi nomeado secretario do concello de Tomiño en 1941.El Compostelano, 21-6-1941, p. 2. Foi xuíz de paz de Tomiño (1958-1963). Colaborou en Nuevo Heraldo, onde publicou "Follecas da Jalleira" na xerga dos telleiros co pseudónimo Xan D'Outeiro. Foi correspondente de Faro de Vigo e El Pueblo Gallego en Tomiño.

Obras As cooperativas. Publicado no Brasil. Versos de otoño, 1960. Jergas de Galicia. Tejeros, canteros, albañiles, paragüeros. Tomiño, 1965.

Vida persoal

Casou con Ramona Abundancia Álvarez, irmá de Pío Abundancia Álvarez, que finou en 1923.Vida Gallega, 5-1-1924, p. 34. Foi pai de Ricardo Álvarez Abundancia. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Jergas de Galicia

Categoría:Galegos do Brasil

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados no Rosal Categoría:Finados en 1967 Categoría:Nados en 1881 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes