Parga - Ladra - Támoga é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe a ríos como o Parga, Ladra, Narla, Azúmara, Támoga, Madanela e Trimaz, todos afluentes do río Miño na súa cabeceira, as súas ribeiras e lagoas como a de Cospeito. Esta área de conservación ocupa 4.939 ha. nas comarcas da Terra Chá e Lugo, nos concellos de Xermade, Vilalba, Abadín, Guitiriz, Cospeito, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Friol e Lugo.Ordenados de norte a sur. Isto é, abrangue aos ríos da depresión central lucense, que é a Terra Chá.

Fauna e flora Flora O espazo de Parga - Ladra - Támoga é unha rede fluvial, coas súas ribeiras, con varias zonas húmidas e lagoas (como a de Cospeito), cos seus pastos e terreos agrícolas. A vexetación que a caracteriza é a asociada a estes hábitats.

As especies da flora catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son: Especie Eryngium viviparum Luronium natans Narcissus asturiensis Narcissus pseudonarcissus ssp. nobilis Sphagnum pylaisii

Fauna Sendo un leito fluvial e tendo unha lagoa, este espazo natural acolle unha alta diversidade de aves. En especial no período de invernal chega ás 1500 aves acuáticas. Entre as especies máis singulares están o sisón (Tetrax tetrax), que se reproduce alí, e o cardiño da lagoa (Eryngium viviparum), que conta cunha pequena poboación local.

As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son: Grupo Especie Invertebrados Coenagrion mercuriale Invertebrados Elona quimperiana Invertebrados Euphydryas aurinia Invertebrados Lucanus cervus Invertebrados Macromia splendens Invertebrados Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera) Invertebrados Oxygastra curtisii Peixes Chondrostoma polylepis Peixes Rutilus arcasii Anfibios Chioglossa lusitanica Anfibios Discoglossus galganoi Réptiles Lacerta schreiberi Mamíferos Galemys pyrenaicus Mamíferos Lutra lutra Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum Mamíferos Rhinolophus hipposideros

Lexislación Parga - Ladra - Támoga foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. O espazo natural forma parte tamén da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Zonas especiais de conservación en Galicia