José Crespo Torres, nado en Bendoiro (Lalín) en 1905 e finado en Poio o 2 de decembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Emigrante retornado de Buenos Aires. Foi vicepresidente da Sociedade Obreira de Donsión en 1931. Fundou a sociedade obreira La Democracia de Bendoiro. Nomeado alguacil-porteiro do concello de Lalín en 1934. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido con José Fondevila García e estivo preso.El Pueblo Gallego, 24-10-1934, p. 10. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 23 de xullo. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 18 de novembro con Xesús Golmar Rodríguez e Miguel Lamas Iglesias,El Pueblo Gallego, 18-11-1936, p. 7. foi condenado á pena de morte.El Progreso, 19-11-1936, p. 3. Foi executado o 2 de decembro de 1936 no km 1 da estrada a Campañó con Eduardo Muíños Búa, Joaquín Fernández Barcia, Manuel Dios Costado, Manuel Vázquez Cruz, José Gabriel Cespón Pazos, Ángel Cadavid Caamaño, José Prol Figueiro e Manuel Puente Iglesias.El Pueblo Gallego, 3-11-1936, p. 8.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Vítimas da represión franquista en Lalín, artigo de Manuel Igrexas.

Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos