Manuel Caamaño Pato, nado en Negreira o 4 de decembro de 1905, foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria Fillo de Alfredo Caamaño Ferreiro, e sobriño de Manuel Caamaño Ferreiro. Estudou Farmácia na Universidade de Santiago de Compostela. En 1930 foi multado con outros estudantes por repartir follas contra o bugallalismo en Negreira.El Pueblo Gallego, 8-11-1930, p. 6. Farmacéutico municipal de Fornelos de Montes dende 1935, promoveu a constitución do grupo de Izquierda Republicana no concello, do que foi elixido secretario en setembro de 1935.El Pueblo Gallego, 5-9-1935, p. 12. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse no Pazo de Cotón, e co seu irmán Alfredo Caamaño Pato pasou a Portugal, e por Francia chegou á zona republicana. Ao rematar a guerra marchou á República Dominicana en decembro de 1939. En 1941 exiliouse en México e despois en Venezuela.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego
Categoría:Farmacéuticos de Negreira Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Nados en Negreira Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1905