O mergullón de pescozo negro ou mergullón orelleiroPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Podiceps nigricollis) é unha ave acuática da familia Podicipedidae. Foi descrito en 1831 por Christian Ludwig Brehm. Actualmente acéptanse tres subespecies, incluíndo a subespecie nominal. A súa plumaxe reprodutora é dunha distintiva cor ocre que se estende por detrás do ollo e sobre as plumas cobertoiras dos oídos. O resto das partes superiores, incluíndo a cabeza, pescozo, e peito, son de cor negra a marrón anegrada. Os flancos son de cor avermellada leonada a castaña e o abdome é branco. Cando leva a plumaxe non reprodutora, esta ave ten unhas partes superiores negras cincentas, incluíndo a parte superior da cabeza e unha banda vertical no dorso e pescozo. Os flancos son tamén negros cincentos. O resto do corpo é dunha cor branca ou abrancazada. Os xoves teñen máis cantidade de cor marrón nas súas áreas máis escuras. A subespecie californicus pode distinguirse da nominal porque a primeira ten o peteiro xeralmente máis longo. A outra subespecie, P. n. gurneyi, pode diferenciarse pola súa cabeza e partes superiores máis cincentas e polo seu menor tamaño. P. n. gurneyi pode tamén distinguirse pola súa falta de plumaxe non reprodutor. O mergullón de pescozo negro está presente en partes de África, Eurasia (incluída Galicia) e as Américas.

O mergullón de pescozo negro usa moitas técnicas para buscar o seu alimento. Os insectos, que constitúen a maioría da súa dieta, son capturados na superficie da auga ou en voo. Ocasionalmente recólleos na vexetación. Mergúllase para capturar crustáceos, moluscos, cágados e pequenas ras e peixes. Cando muda en lagos salinos, aliméntase principalmente de crustáceos Artemia. Constrúe un niño con forma de copa flotante nun lago de augas abertas. Este niño é cuberto por un disco e pode estar localizado nunha colonia ou nun sitio máis arredado. Durante a estación reprodutora, que varía dependendo da localización, esta especie fai unha posta (ás veces dúas) de tres ou catro ovos. O número de ovos é ás veces maior debido ao parasitismo de crianza ou de posta conespecífico. Despois dun período de incubación de 21 días, os ovos fan eclosión e despois o niño é abandonado. Dez días despois, os proxenitores reparten os fillos entre eles para coidalos por separado. Despois disto, os polos fanse independentes nuns dez días e empluman en tres semanas.

Aínda que xeralmente evita voar, viaxa ata 6 000 km durante a súa migración. Ademais, queda sen a capacidade de voar durante dous meses unha vez que completa a migración que realiza a unha zona na que poida mudar con seguridade. Durante esta muda, pode dobrar o seu peso. As migracións para alcanzar estas zonas son perigosas, e ás veces a viaxe cóbrase a vida de miles de exemplares. Malia todo isto, a especie está clasificada como pouco preocupante pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN). Probablemente este sexa o mergullón máis numeroso do mundo. Enfróntase a ameazas potenciais, como as verteduras de petróleo, pero estas probablemente non supoñen un risco importante para a poboación mundial.

Taxonomía

Esta especie foi descrita cientificamente por Carl Ludwig Hablitz en 1783 como Colymbus caspicus, a partir dun exemplar recollido en Bandar-e Anzali. Pensouse orixinalmente que este era un sinónimo do mergullón real, ata que Erwin Stresemann descubriu en 1948 que a descrición aplicábase máis ao mergullón de pescozo negro. Antes diso, pensábase que a primeira descrición era a feita por Christian Ludwig Brehm en 1831, que lle deu a esta ave o seu nome científico actual de Podiceps nigricollis a partir dun exemplar alemán. Para resolver isto, a Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica suprimiu o nome C. caspicus. O nome de xénero Dytes foi ás veces usado para esta especie, unha clasificación que foi formalizada por Robert Ridgway en 1881.

Esta ave está estreitamente relacionada co Podiceps occipitalis e o Podiceps taczanowskii. O extinto Podiceps andinus de Colombia é ás veces considerado unha subespecie do mergullón de pescozo negro, ademais das outras tres subespecies existentes, que son: P. n. nigricollis – (Brehm, CL, 1831): a subespecie nominal, que se encontra no oeste de Europa ata o oeste de Asia (invernando no sur e oeste), en Asia central e do leste e no leste de África P. n. gurneyi – (Roberts, 1919): encóntrase no sur de África P. n. californicus – (Heermann, 1854): encóntrase no suroeste do Canadá e oeste dos Estados Unidos. Inverna ao sur ata Guatemala.

O nome xenérico Podiceps vén de dúas palabras latinas: podicis, 'ano' e pes, 'pé'.Ogilvie & Rose (2003), p. 98. Isto fai referencia á posición das patas do animal moi atrás no seu corpo. O epíteto específico nigricollis en latín significa 'pescozo negro'. O epíteto subespecífico californicus refírese a 'de California', e gurneyi procede do nome do ornitólogo británico John Henry Gurney

Os nomes comúns desta ave fan referencia á cor negra do seu pescozo ou ben ás plumas vistosas da cara que parecen unha orella (mergullón orelleiro). En varios idiomas ten nomes equivalentes a estes.Ogilvie & Rose (2003), pp. 102–103.

Descrición

miniatura|esquerda|Subespecie californicus do mergullón de pescozo negro en plumaxe non reprodutora. Normalmente mide entre 28 e 34 cm de lonxitude e pesa de 265 a 450 g. A subespecie nominal en plumaxe reprodutora ten a cabeza, pescozo, peito e partes superiores dunha cor de negra a marrón anegrada, coa excepción do abano de plumas de cor ocre que se estende por detrás do ollo sobre as cobertoiras oculares e os laterais da caluga. O ollo é principalmente vermello, cun anel amarelo claro estreito nas partes inferiores do ollo e un anel orbital de amarelo-laranxa a vermello rosa. O peteiro é delgado e curvado cara a arriba e de cor negra e está conectado co ollo por unha liña anegrada que empeza na comisura do peteiro. Ás veces, a parte anterior do pescozo pode estar principalmente tinguida de marrón. A parte superior das ás é de anegrada a verde oliva e ten unha mancha branca formada polas secundarias e parte das primarias internas. Os flancos están coloreados de cor avermellada leonada a castaña e teñen unha ocasional mancha anegrada. A parte inferior da á e o abdome son brancos, coa excepción de que na á ten terciarias escuras e as primarias externas son maiormente marróns cincentas claras. As patas son grises escuras. Os sexos son similares.

En plumaxe non reprodutora, a subespecie nominal ten partes superiores negras agrisadas, pileo, caluga e parte posterior do pescozo coa cor da parte superior deste último contida nunha liña vertical. A cor escura do píleo chega por debaixo do ollo e pode verse, difusa, ata as cobertoiras do oído. Detrás das cobertoiras do oído nos laterais do pescozo, hai óvalos brancos. O resto do pescozo é de gris a gris amarronado e ten algo de branco en cantidade variable. O peito é branco, e o abdome é abrancazado. Os flancos están coloreados nunha mestura de gris anegrado con flocos brancos. A cor do peteiro cando están en período non reprodutor difire de cando teñen plumaxe reprodutora, xa que no primeiro é significativamente máis gris. miniatura|Mergullóns de pescozo negro adulto e xove. Os individuos xoves son similares aos adultos en plumaxe non reprodutora. Porén, hai diferenzas, como que as áreas escuras teñen xeralmente máis tons marróns nos xoves e con menos negro. Os loros están a miúdo tinguidos de gris, con marcas abrancazadas detrás do ollo. Nos laterais da cabeza e parte superior do pescozo presentan un ton leonado ou beixe. O polo está cuberto de penuxe e ten unha cabeza gris anegrada con liñas e manchas brancas ou grises con tons beixes. A gorxa e parte anterior do pescozo son principalmente claras. As partes superiores son principalmente grises escuras e o abdome é branco.

A subespecie californicus adoita ter un peteiro máis longo comparada coa subespecie nominal e ten primarias internas grises amarronadas durante a estación reprodutora. Cando non está en época reprodutora, a subespecie nominal ten con menor frecuencia loros difusos e claros que Podiceps nigricollis californicus. A outra subespecie, P. n. gurneyi, é a menor das tres e ademais ten unha cabeza e partes superiores máis grises. O adulto desta subespecie tamén ten un ton marrón avermellado nas cobertoiras alares menores, carece dunha plumaxe non reprodutora e os penachos da parte lateral da cabeza son máis claros.

Vocalizacións Cando se reproduce fai un acougado son "ooeec" que ascende en agudeza desde un ton inicial xa moi agudo. Esta chamada tamén se utiliza como chamada territorial, xunto cun trilo de ton baixo e rápido, que á súa vez tamén usa durante o cortexo. Outra chamada é un curto "puuii" ou "uit". É unha ave silenciosa cando non está na tempada reprodutora e cando se alimenta ou descansa.

Distribución e hábitat

Esta especie reprodúcese en áreas con vexetación de lagos de auga doce de Europa, Asia, África, norte de América do Sur e suroeste e oeste dos Estados Unidos. Despois de reproducirse, esta ave migra a lagos salinos para mudar. Despois de completar a muda e esperar ás veces varios meses, migra para invernar en lugares como o suroeste do Paleártico e partes do leste de África e Asia. Tamén inverna no sur de África, outro lugar onde se reproduce. Nas Américas, inverna ata o sur ata Guatemala, aínda que a poboación invernante está restrinxida principalmente a illas do golfo de California, o Salton Sea, e Baixa California. Cando non se está a reproducir, o seu hábitat son principalmente os lagos salinos e estuarios costeiros.

Comportamento É un mergullón moi gregario, que xeralmente forma grandes colonias cando se reproduce e grandes bandadas cando non.

Reprodución

Constrúen niños flotantes nas augas xeralmente de pouca profundidade de lagos abertos. O propio niño está ancorado ao lago por plantas. Colaboran na súa construción tanto o macho coma a femia utilizando materia vexetal. A maioría do niño está mergullado baixo a superficie da auga, co fondo interno da copa do niño xeralmente ao mesmo nivel que as augas. Sobre a copa hai un disco plano. Nidifica tanto en colonias coma en solitario. Cando non nidifica só, adoita facelo en colonias de especies mixtas formadas pola gaivota chorona, patos, e outras aves acuáticas. O espazo entre os niños nestas colonias adoita ser de 1 a 2 m. O feito de que nidifique en colonias ou non ten un efecto sobre as dimensións do niño. Cando a ave non está nunha colonia, o niño ten un diámetro que como media é de 28 cm, aínda que isto pode variar, con niños que van desde os 20 cm a 30 cm. Isto é comparado a nidificar en colonias, onde os niños teñen un diámetro de 25,5 cm.

miniatura|esquerda|Mergullóns de pescozo negro en cortexo.

A formación de parellas nesta especie empeza xeralmente durante as pausas na migración cara aos terreos reprodutores, aínda que ocasionalmente ocorre incluso antes, en parellas invernantes. Esta formación de parellas continúa despois de que o mergullón chega aos tereos de reprodución. O cortexo ocorre cando chegan ao lago onde criarán. As exhibicións realízanse no centro do lago. Non hai un territorio delimitado para realizar o cortexo; os individuos utilizan toda a área do lago. Cando un exemplar se anuncia a unha posible parella, achégase a outros mergullóns coas plumas do corpo esponxadas e o pescozo ergueito. Pecha o peteiro e realiza unha chamada que soa puu-ii-chk, no que a última nota apenas é audible. O cortexo xeralmente remata ao inicio da nidificación.

No hemisferio norte, esta ave reprodúcese de abril a agosto. No leste de África a estación reprodutora é polo menos de xaneiro a febreiro, mentres que no sur de África, dita estación vai de outubro a abril.