O movemento Me Too, cunha gran variedade de nomes relacionados locais e internacionais, é un movemento contra o acoso e as agresións sexuais. O movemento comezou a estenderse viralmente en outubro de 2017 como un cancelo nas redes sociais nun intento de demostrar a ampla prevalencia do acoso sexual, especialmente nos lugares de traballo. Foi seguido polas acusacións de abuso sexual contra Harvey Weinstein. Suxerida por un amigo,Alyssa Milano en Yahoo!Alyssa Milano a frase foi logo popularizada pola actriz Alyssa Milano en Twitter en 2017. Milano animou as víticas de abuso sexual a chiar sobre iso e "dar á xente a sensación da magnitude do problema". Seguírono numerosas declaracións e respostas de celebridades estadounidenses de perfil alto como Gwyneth Paltrow, Ashley Judd, Jennifer Lawrence, e Uma Thurman entre outras.
Orixe A activista social e organizadora comunitaria Tarana Burke empregara a frase "Me Too" ("Eu tamén") na rede social Myspace en 2006 como parte dunha campaña base para promover o "apoderamento mediante a empatía" entre as mulleres de raza negra que experimentaron abuso sexual, especialmente en comunidades desfavorecidas. Burke explicou que se inspirou en usar a frase despois de non poder responder a unha moza de 13 anos que confiou que sufrira unha agresión sexual. Despois Burke quería dicirlle simplemente á rapaza "Eu tamén".
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Efecto Weinstein
Categoría:Activismo social Categoría:Movementos sociais