Coñécese co nome de napoléon a serie de moedas francesas con valores de 5 francos en prata, e de 20 e 40 francos en ouro cuñadas entre 1802 e 1815 a nome de Napoleón I. Esta serie compleméntase con emisións en ouro posteriores ao longo dos séculos XIX e XX baixo Lois XVIII, Carlos X, Lois Filipe, Napoleón III e os períodos republicanos, con valores de 5, 10, 50 e 100 francos, seguindo parámetros métricos proporcionais aos da serie inicial.Entrada "napoleón" nos seguintes dicionarios: DRAG, Portal das Palabras e Eladio Rodríguez."5 francs Bonaparte Premier Consul - An XI". En cgb.fr"5 francs or petit module - 1854". En cgb.fr"10 francs or, petit module - 1854". En cgb.fr"20 francs Napoléon tête laurée, Empire français, Frappe d'épreuve - 1815". En cgb.fr"40 francs Bonaparte Premier Consul - An 12". En cgb.fr"50 francs Napoléon III tête nue - 1855". En cgb.fr"100 francs Napoléon III tête nue - 1858". En cgb.fr
Esta serie toma o nome do busto do emperador nos seus anversos, deseñado por Jean Pierre Droz e presentado, inicialmente, nunha proposta para a moeda de 5 francos de prata."Droz, Jean-Pierre". En Forrer, L. (1904). Páxina 621.
Delimitación do termo miniatura|340px|esquerda|Napoleón de prata de 5 francos datado no ano 14 (1805).
Comunmente, o uso do termo "napoleón" limítase á moeda de cinco francos de prata ("napoleón de prata") e, fundamentalmente, á de 20 francos de ouro ("napoleón de ouro"), por seren estas as que máis circularon, mesmo fóra de Francia.
Mesmo é frecuente que, a nivel internacional, se empregue esta denominación unicamente para a moeda de 20 francos de ouro, de 21 mm de diámetro, e 6,45 gramos de peso bruto, con ouro de 900 milésimas e, xa que logo, 5,805 g de ouro puro."Frankreich: Napoleon I. 1809". Münkabinett. Staatliche Museen zu Berlin. No mundo numismático utilízase adoito tamén para se referir a calquera moeda de ouro posterior con valor de 20 francos e idénticas características métricas, en contraposición ás dos séculos anteriores, como o escudo ou o luís, esta última do mesmo valor mais co busto do monarca prerevolucionario, Lois XIV. Estes napoleóns de ouro demostraron ser máis resistentes que outras moedas de ouro utilizadas no investimento internacional en moeda de metais preciosos, mesmo despois da Guerra de Suez, cando foron as únicas que non debilitaron o seu valor.Brown, B. (2013). Páxina 229: But now the German surplus had shrunk in line with a general worsening of West European nations' balance of payments in the immediate aftermath of Suez. Into early 1957, gold coin prices generally weakened except for Napoléons.
Caracterización miniatura|Napoleón de ouro de 20 francos do ano 12 (parte final de 1803). Os napoleóns de ouro emitíronse orixinariamente nos valores de 20 e 40 francos, aínda que estes últimos, con 26 milímetros de diámetro, 12,90 gramos brutos e 900 milésimas de pureza, non chegaron a adquirir popularidade.Requard, G. (1961). Páxinas 155-161.
O busto de Napoleón I dos seus anversos amósase en ocasións adobiado por unha coroa de loureiro (o símbolo da gloria militar característico do Imperio Romano)."O Significado da Coroa de Louro, da Coroa Radiada e do Diadema!". Jafet Numismática.
Dependendo do status político de Francia en cada momento, as lendas que acompañan o busto poden ser BONAPARTE, seguido de PREMIER CONSUL ("Primeiro Cónsul"), ou ben NAPOLEON EMPEREUR ("Emperador").
As lendas dos reversos foron inicialmente RÉPUBLIQUE FRANÇAISE ("República Francesa") e, despois de 1809, IMPERIO FRANÇAIS" ("Imperio Francés"). Napoleón cuñou tamén pezas de 20 e 40 liras de características métricas similares na ceca de Turín baixo os auspicios do Reino de Italia, un dos seus estados clientes. A lenda dos seus anversos, L'ITALIE DÉLIVRÉE À MARENGO, fai referencia ao feito de que Italia fora liberada de Austria por Bonaparte na Batalla de Marengo, no Piemonte, o 14 de xuño de 1800. Nos reversos destas moedas indícase a extensión dos territorios liberados, coñecidos como Galia Subalpina, Eridania ou Italia do norte."20 Francs Gaule Subalpine - Eridania, allégorie de l’Italie avec mention “L’Italie délivrée à Marengo” 1802 (an 10) Turin". En cgb.fr Esta tipoloxía foi creada consonte o decreto do Goberno da Galia Subalpina emitido logo da Batalla de Marengo e que tivo vigor desde o 16 de xuño de 1800 ata o 11 de setembro de 1802.Montenegro (2019). "20 franchi o marengo ". En Numismatica Italiana. Lamoneta.it.
miniatura|Napoleón de ouro piemontés da República Subalpina (1800-1801), cuñado no ano 9 (1800) , conmemorativa da Batalla de Marengo, na que Bonaparte liberou a Italia de Austria.
Ordenanzas monetarias do napoleón A intención de Bonaparte de unificar Europa tivo un salientable éxito no relativo á moeda. O napoleón foi a primeira moeda que autorizou o Primeiro Cónsul, mediante unha ordenanza monetaria ditada o 28 de marzo de 1803"Le Consulat et le franc germinal : la loi du 7 germinal an XI". En Histoire du franc: quelques points de rèpere. Napoleon.org. Estas pezas de ouro de 20 francos converteríanse máis tarde no modelo de todas as moedas da Unión Monetaria Latina, que circularon por toda Europa ata 1914.Cano, I. "La Unión Monetaria Latina y otros intentos europeos fallidos antes del euro". En ABC. 11 de xuño de 1812.
Nos primeiros catro anos de emisión, a data indícase no exergo consonte o calendario republicano, como anos 11, 12, 13 e 14, indicando que se trataba dos anos undécimo a décimo cuarto despois da Revolución Francesa. No caso concreto da primeira emisión aparece como data AN XI (fin de 1802 e primeira metade de 1803); Napoleón ordenou que para datar as moedas do ano 11 se utilizasen extraordinariamente os números romanos, para evitar que ese ano en números arábigos se puidese confundir cun dous en números romanos e lle lembrase á poboación os horrores do Reino do Terror ocorridos durante o ano 2.Pond, S. (1961). Páxinas 161-166.
Nos napoleóns de ouro hai sete variedades, que radican fundamentalmente nas lendas do anverso e do reverso, no retrato do emperador e no uso do calendario revolucionario ou do gregoriano. Cada unha destas variedades estaba regulada por unha normativa ou decreto executivo concreto: 28 de marzo e 7 de abril de 1803, 26 de xuño de 1804, 8 de setembro de 1805, 11 de febreiro e 5 de agosto de 1807, e 22 de outubro de 1808.
Marcas e cecas dos napoleóns miniatura|Napoleón de ouro de 40 francos (tamén coñecido como dobre napoleón) de 1807 Os napoleóns levaban inicialmente a sinatura do mestre gravador responsable da gravación dos cuños para a súa cuñaxe, que posteriormente foi substituída por un símbolo identificador. Ademais, amosan outra marca (símbolo, letra ou monograma) que indica a cidade onde se cuñou a moeda. Estas marcas de ceca dan conta, en ocasións, da escaseza ou da amplitude da emisión; por exemplo, o napoleón de ouro de 20 francos de 1809 cuñado en París (marca A) tivo unha tiraxe de 687.508 moedas, entanto que do de Bordeos (marca K) do mesmo ano se cuñaron só 2.534 exemplares, e do de Lille (marca W) se emitiron 16,911 moedas.
Ao longo dos anos de emisión do napoleón estiveron en funcionamento vinte e tres casas de moeda, non só en Francia, senón tamén nos países anexionados ou ocupados (Italia, Suíza e os Países Baixos).
+Marcas de ceca francesas do tempo de Napoleón I Diot, D.; Prieur, M. et al. (2001). LetraCidadeLetraCidadeLetraCidadeAParísAAMetzBRuánBBEstrasburgoCLXénovaDLiónGXenebraHLa RochelleILimogesKBordeosLBaionaMTolosaM/AMarsellaQPerpiñánROrleánsTNantesWLilleBandeiraUtrechtUTurínCoroa/RRomaRLondres
As cuñaxes da ceca de Londres Algunhas moedas de ouro de vinte francos a nome de Lois XVIII foron cuñadas en Londres en 1815. Os ingleses apoiaron o regreso ao poder do rei francés logo de que Napoleón o depuxera en 1815, durante o coñecido como Imperio dos Cen Días.
Supostamente, estas cuñaxes londinienses foron autorizadas por Lois XVIII, e utilizáronse para o pagamento das tropas británicas que ocupaban parte do noroeste de Francia. Algunhas destas moedas chegaron a París, onde na época foron consideradas falsificacións por parte das autoridades monetarias francesas. Estas cuñaxes detivéronse en novembro de 1815 logo dun intercambio de cartas diplomáticas entrambos os países.
O afamado artista inglés que gravou os cuños das cuñaxes londinienses, Thomas Wyon, Jr. (1792-1817), foi moi criticado polo feito de que os seus cuños tiñan un relevo inferior ao das pezas orixinais francesas, elaborados polo francés de orixe londiniense Pierre Joseph Tiolier (1763-1819). Mesmo xurdiron alegacións acerca de que as moedas de procedencia londiniense non cumprían as especificacións métricas esixidas pola lei francesa. No entanto, os ensaios metalográficos contemporáneos demostraron que a lei destas moedas era acorde á normativa.Bordeaux, P. (1904). Dyer, G. P. (1976).
Os gravadores Jean Pierre Droz (1746-1823) Logo dunha competición entre os deseños de diversos artistas, como Nicholas Guy Antoine Brenet (1773-1846), André Galle (1761-1844) ou Romain Vincent Jeuffroy (1749-1826), a proposta presentada polo suízo Jean Pierre Droz (1746-1823) foi a seleccionada para a primeira tiraxe de moedas co busto do novo emperador."Jean-Pierre Droz". En Jeanneret, F.; Bonhôte, J. (1863). Páxinas 265-269"Droz, Jean-Pierre". En Forrer, L. (1904). Páxinas 618-628
Droz naceu en La-Chaux-de-Fonds, no cantón de Neuchâtel, e, logo de estudar en París, foi moi recoñecido pola súa proposta gañadora para unha nova moeda de ouro (que non se chegou a cuñar), nun certame convocado polo Ministerio de Finanzas francés. As probas desta moeda foran cuñadas cunha inscrición no canto utilizando un colar de seis segmentos inventado polo propio Droz na Monnaie de Paris.Tungate, S. "Droz's Collar. An Innovation in Minting ". Soho Mint. Logo dunha breve estadía na ceca de Soho, en Birmingham, propiedade de Matthew Boulton, Droz regresou a Francia e en 1799 foi nomeado conservador de moedas e medallas do Directorio, cargo que mantivo durante toda a era napoleónica. Na moeda francesa, a efixie de Napoleón tal e como el a deseñou, a partir da proba de cinco francos coa que gañara o concurso, aparece en todas as moedas de ouro de 20 e de 40 francos cuñadas entre 1804 e 1814.
A el débenselle tamén outros traballos, como as medallas de coroación de Napoleón en 1804 e diversas moedas de cobre para a súa circulación en Inglaterra e nas súas colonias.
Pierre Joseph Tiolier (1763-1819) Nado en Londres, foi nomeado gravador xeral de moeda na Ceca de París entre 1803 e 1816. Tiolier gravou os cuños para as primeiras moedas bonapartinas como Primeiro Cónsul. No exercicio do seu cargo desenvolvéronse na Monnaie de Paris moitas melloras na maquinaria e nas técnicas de cuñaxe.Théret, P. "Tiolier Pierre-Joseph ". En Augustin Dupré. Les monnaies décimeles.
Nas moedas batidas con cuños gravados pola súa man, Tiolier incluíu a súa sinatura completa, en tanto que nas cuñaxes da súa responsabilidade como gravador xeral pero gravadas por outras persoas amosa simplemente a marca TR.
Vixencia e extensión dos napoleóns O napoleón de ouro continuou en circulación en Francia durante todo o século XIX e mesmo lle cedeu a súa denominación ás posteriores moedas de 20 francos emitidas en períodos tanto monárquicos como republicanos. Ademais, non só se cuñaron en territorio francés, senón tamén noutros baixo control napoleónico, como é o caso de Xénova e Turín (1803 a 1813), e Roma (1812 a 1813), en Italia; Utrecht (1812 a 1813), nos Países Baixos; e Xenebra, en Suíza.