EcuRed é un proxecto de enciclopedia en rede do goberno de Cuba. Está desenvolvido e administrado principalmente por persoas afíns aos Joven Club de Computación y Electrónica, entidade do Ministerio de Informática e Comunicacións, que posúe máis de 600 filiais en todo o país encargadas de ensinar computación. Lanzouse oficialmente o 14 de decembro de 2010, co auspicio do goberno cubano e apoiado pola Oficina Nacional para a Informatización (ONI) e o Instituto de Información Científica e Tecnolóxica (IDICT).

A súa filosofía é a acumulación e o desenvolvemento do coñecemento cun obxectivo democratizador e non lucrativo, desde un punto de vista descolonizador. O seu nome vén de ecúmene, que significa mundo. Polo momento conta con máis de 200 000 artigos e 286 000 arquivos, moitos deles relacionados con biografías e historia cubana, posúe ademais máis de 50 000 usuarios rexistrados e 3,5 millóns de edicións realizadas.

Características EcuRed utiliza o software MediaWiki, similar ao de Wikipedia, aínda que en aparencia o deseño da páxina mostra as cores da bandeira cubana.

A totalidade dos contidos de EcuRed só poden ser modificados por usuarios rexistrados. O rexistro na wiki é como en calquera sitio a través dun correo de confirmación e pode rexistrase calquera persoa sen importar o país. Inicialmente previuse permitir o libre rexistro aos meses seguintes da inauguración do sitio. Os cubanos que non teñen correo electrónico poden editar as páxinas mediante os Joven Club de Computación estendidos por toda a illa.

Contidos A maior parte das súas páxinas divídense entre artigos de historia e biografías de personalidades, aínda que non están ausentes os asuntos xeográficos e de divulgación científica.

EcuRed ocupa o lugar 20 entre os sitios que máis se visitan en Cuba segundo datos do sitio web Alexa.Datos dispoñibles en Alexa.com . Consultados o 14 de marzo de 2011 Unha das razóns para esta cifra é que a enciclopedia pódese consultar dende a intranet cubana (.cu) que é 10 veces máis barata que a conexión a Internet desde a illa.

EcuRed Portátil Como parte do proxecto EcuRed, o 14 de decembro de 2011 foi lanzada oficialmente a EcuRed Portátil, tamén chamada EcuRed Portable, que é unha aplicación de escritorio multiplataforma que permite xestionar toda a información que está contida dentro desta enciclopedia colaborativa cubana e ser utilizada por todas as persoas tanto cubanas como estranxeiras.

Foi creada polo Centro de Desenvolvemento Territorial Holguín, entidade produtiva pertencente á Universidade das Ciencias Informáticas (UCI) e posteriormente asumido polo Grupo Técnico de EcuRed, que atende directamente a hospedaxe e funcionalidade da enciclopedia.

O 7 de setembro de 2013 foi lanzada a versión 2.0i, que entre outras melloras contén as imaxes dos modelos dos artigos.Artículo de la EcuRed Portátil en la Enciclopedia Colaborativa Cubana

O 7 de setembro de 2016, comezou a utilización do proxecto de software libre Kiwix na súa versión portátil para computadoras persoais, quedando sen soporte as versións anteriores.

EcuMóvil O 4 de abril de 2013 lanzouse oficialmente a EcuMóvil, unha aplicación para dispositivos móbiles que cumpre o mesmo obxectivo que EcuRed Portátil, pero para dispositivos que utilicen sistema operativo Android 2.2 ou superior. O proxecto foi coordinado entre a Oficina Nacional de Informatización (investidor), o Grupo Técnico de EcuRed (xestor do contido) pertencente aos Joven Club de Computación y Electrónica e Empresa Nacional de Software (desenvolvedor). Sendo asumida polo Grupo Técnico de EcuRed a partir do seu lanzamento.

O 7 de setembro de 2013, foi lanzada unha versión con imaxes. Entre outras melloras inclúe opcións de autocompletamento nas procuras e posibilidade de xiros e achegamento do texto dentro do teléfono móbil.Artículo de la EcuMóvil en la Enciclopedia Colaborativa Cubana

O 7 de setembro de 2016, comezou a utilización do proxecto de software libre Kiwix na súa versión portátil para dispositivos móbiles, quedando sen soporte as versións anteriores.

Premios Desde o seu lanzamento EcuRed obtivo varios recoñecementos, entre eles:Premios y reconocimientos en EcuRed. Dispoñible en:EcuRed. Consultado o 11 de xaneiro de 2018

Premios WSIS 2017, como un dos 90 finalistas entre os traballos escollidos polo Cumio Mundial sobre a Sociedade da Información (WSIS), organizado pola Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT). O premio outorgouse o 13 de xuño de 2017 na categoría Acceso á información e coñecemento .Compiten siete proyectos cubanos de las telecomunicaciones por premios WSIS 2017. Dispoñible en:Cubadebate. Consultado o 11 de xaneiro de 2018 Premio Space 2017, outorgado pola Asociación Cubana de Comunicadores Sociais (ACCS) na categoría de comunicación institucional. O premio entregouse no marco do 4º Festival Internacional de Comunicación Social celebrado no Palacio das Convencións na Habana.Premio Espacio para Ecured. Dispoñible en:Diario Trabajadores. Consultado o 11 de xaneiro de 2018 Premio LaTinatec 2017, entregado o 28 de setembro de 2017 con motivo do III Foro de Empresarios e Líderes en Tecnoloxías da Información.Festeja EcuRed su séptimo aniversario. Dispoñible en:Radio Rebelde. Consultado o 11 de xaneiro de 2018 O Premio AENTA, o 24 de novembro de 2017, foi concedido a EcuRed o Premio do Sistema de Ciencia e Innovación Tecnolóxica na categoría de Impacto Social, lauro outorgado pola Axencia para a Enerxía Nuclear e as Tecnoloxías Avanzadas de Cuba (AENTA), resaltar os resultados científicos derivados de proxectos de investigación e desenvolvemento, segundo a súa contribución científica, económica ou social. Selo do 45 aniversario da Universidade de Matanzas, concedido con motivo do oitavo aniversario da Enciclopedia, o 14 de decembro de 2018 no acto central celebrado na Universidade de Matanzas .

Críticas Debido ás súas características finais e editoriais, EcuRed foi valorado por algúns medios como "unha versión castrista da Wikipedia, non ecuánime e tendenciosa en artigos sobre política, historia contemporánea e biografías de figuras relevantes da historia recente de Cuba." Foi criticada por verter información calumnias contra membros da chamada disidencia cubana e servir como medio oficial de comunicación do goberno cubano. Por exemplo, a activista Yoani Sánchez é cualificada de "ciber-mercenaria vinculado ao goberno dos Estados Unidos". Tamén aborda outros temas como "Terrorismo de Estado en Colombia" que fai referencia á chamada "política de seguridade democrática" do goberno de Álvaro Uribe .

O suposto nesgo do seu contido custoulle o alcume de Castropedia nun artigo publicado polo xornal británico The Guardian pouco despois da inauguración do portal.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sitio web de EcuRed Liña de tempo do Proxecto EcuRed

Categoría:Enciclopedias en castelán Categoría:Enciclopedias en liña