Jesús Armesto Braña, nado en Lugo en 1900 e finado en Manzanillo, Cuba, en 1964, foi un técnico de radio galego, pioneiro da radiodifusión en Manzanillo. Traxectoria Aos 18 anos emigrou a Cuba, instalándose na oriental cidade de Manzanillo, onde traballou como chofer e fixo un curso de técnico de radio por correspondencia. Durante a crise política e económica da ditadura de Gerardo Machado, propúxose crear un transmisor de radio para a cidade e foi así como naceu a primeira emisora de radio de Manzanillo, a CMKM, xerme do que hoxe é Radio Granma. A intención era inaugurala o 10 de outubro de 1932, dende o Teatro Popular, cun acto polo aniversario da Unión de Choferes de Manzanillo, pero por problemas técnicos non se conseguiu. Finalmente fíxose a primeira transmisión o 24 de novembro de 1932.

Na CMKM iniciáronse moitos artistas que logo serían famosos en toda Cuba, como o cantautor Carlos Puebla, que comezou a súa carreira nesta emisora.

Véxase tamén

Bibliografía

Notas

Categoría:Nados en 1900 Categoría:Nados en Lugo Categoría:Finados en 1964 Categoría:Personalidades da radio de Galicia Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes