Jesús María Santaló Ponte, nado en Merza (Vila de Cruces) o 8 de maio de 1895 e finado na mesma parroquia o 12 de outubro de 1982, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de Ramón Santaló Villar. Estudou o bacharelato en Lugo e licenciouse en dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Aprobou as oposicións a secretario xudicial en 1919. Foi secretario do xulgado de Fuentesaúco (Zamora) e Ponteceso. Coa proclamación da ditadura de Primo de Rivera foi elixido alcalde de Carbia o 20 de marzo de 1924. Dimitiu o 1 de novembro ao ser nomeado xuíz municipal do concello. Foi presidente da Unión Patriótica de Carbia. Durante a Segunda República foi avogado en Lalín. En abril de 1934 foi nomeado secretario do xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Lalín e iniciou unha campaña para ser elixido deputado. Finalmente presentouse ás eleccións de febreiro de 1936 como número cinco na candidatura de Centro que encabezaba Manuel Portela Valladares e non foi elixido.
Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Madrid, e buscou asilo na embaixada francesa, onde conseguiu ser acollido. Conseguiu marchar a Valencia e dende alí logrou embarcar a Francia onde permaneceu como refuxiado político. Foille instruído expediente de depuración en 1941.BOE, 3-6-1940, p. 3806 A principios dos anos corenta retornou á España franquista. Rehabilitado como secretario xudicial, desempeñou o cargo en Sahagún (1947). Abriu novamente despacho de avogado en Lalín a principios dos anos cincuenta e foi nomeado xuíz municipal de Carbia a mediados desa década. En 1957 foi secretario do xulgado de Baltanás (provincia de Palencia), pasando despois a Villacarriedo (Cantabria) e finalmente ao xulgado de Padrón en 1958, onde se xubilou.
Recoñecementos
Fillo predilecto do concello de Carbia en 1924.
Vida persoal Casou en Cee con María Cereijo Gayoso. Notas
Véxase tamén Bibliografía Igrexas, Manuel: "Jesús María Santaló, candidato a deputado polo Deza" (2/9/2018) en Historias de Deza.
Ligazóns externas Candidatos proclamados en las elecciones generales de España de 1936
Categoría:Avogados de Vila de Cruces Categoría:Alcaldes de Vila de Cruces Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Vila de Cruces Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1982 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes