Seda Vermisheva (; ), nada en Tbilisi o 9 de outubro de 1932 e finada o 19 de febreiro de 2020, foi unha escritora, economista e activista armenio-rusa.
Traxectoria Por parte paterna era descendente de Arghutyan-Dolgoruky. Viviu a maior parte da súa vida en Moscova. Estudou na Universidade Estatal de Iereván, no Departamento de Economía. Traballou como asesora no Instituto Soviético de Economía e Planificación.
Escribiu oito libros de poesía e diversos artigos de análise. Desde 1974 foi membro da Unión de Escritores da Unión Soviética, e despois pasou a liderar a sección de lingua rusa da Unión de Escritores de Armenia, e foi membro da Unión de Escritores de Moscova.
Obra Solntse stoit vysoko (1971) Mertsayushchii punktir (1974) Listya (1982) Naskal’nyi ornament (1988) Nagor’e (1990) Scherbataya klinopis’ (1999) Iz kamnya i peska (2005)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Biography Armenian-Russian Literary soirée held in Moscow
Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Nados en Tbilisi Categoría:Escritores de Armenia Categoría:Escritores en lingua armenia Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Iereván Categoría:Personalidades sen imaxes