A Dictionary of Greek and Roman Antiquities (en galego, "Dicionario de antigüidades gregas e romanas"), de William Smith (1813-1893), é unha enciclopedia en lingua inglesa que trata sobre a Antigüidade clásica.

Publicouse por vez primeira en 1842 e conta con numerosas reedicións posteriores, tanto en Londres como en Boston e en Nova York, algunhas delas revisadas polo autor e aumentadas. Hoxe todas elas son de dominio público."LacusCurtius Educational Resource: a Selection of Articles from A 19th-Century Classical Encyclopaedia". En LacusCurtius: Into the Roman World.En función da edición, o título pode comezar ou non polo artigo inglés "A". O título da primeira edición comeza por el.

A enciclopedia ocúpase de aspectos como a lexislación, a relixión, a arquitectura, a guerra ou a vida cotiá, entre outros, sempre desde o punto de vista dun clasicista. Este estudo forma parte dunha triloxía de obras de Smith sobre o mundo clásico, completada por outros dous traballos: un sobre a xeografía (Dictionary of Greek and Roman Geography) e outros sobre as persoas e os personaxes mitolóxicos (Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology).

A publicación desta obra produciuse na mesma época en que saíron á luz outras cunha concepción similar en diferentes linguas europeas, como a francesa Dictionnaire des Antiquités grecques et romaines (de Charles Victor Daremberg e Edmond Saglio, comezada en 1877), a alemá Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (de August Pauly e Georg Wissowa, comezada en 1839) e a italiana Dizionario epigrafico di antichità romane (de Ettore de Ruggiero, comezada en 1886).Introdución da edición de 1890.Valenti, C. (2006). "« Daremberg et Saglio » ou « Saglio et Pottier » ? La difficile gestation d’un dictionnaire savant". En Anabases. Traditions et R´rceptions da l'Antiquité. 4. Páxinas 159-167.

Edicións dixitalizadas miniatura|Dictionary of Greek and Roman Antiquities. Ilustracións da edición de 1849. miniatura miniatura miniatura

As seguintes edicións, todas en vida do autor agás a derradeira, están dixitalizadas e dispoñibles en Internet Archive:

A Dictionary of Greek and Roman Antiquities. Edición de 1842: Londres. Taylor and Walton. Edición de 1843: Nova York. American Book Company. Edición de 1847: Nova York. Harper & Brothers. Edición de 1849: Boston. Charles C. Little & James Brown. Edición de 1853: Londres. Walton & Maberly. Edición de 1854: Boston. Charles C. Little & James Brown. Edición de 1859: Boston. Little, Brown & Company. Edición de 1859: Londres. Walton & Maberly. Edición de 1865: Boston. Little, Brown & Company. Edición de 1870: Nova York. Harper & Brothers. Edición de 1873: Londres. John Murray. Edición de 1874: Nova York. D. Appleton & Company. Edición de 1878: Londres. John Murray. Edición de 1878: Nova York. Harper & Brothers. Edición de 1882. Londres. John Murray. Edición de 1882. Nova York. Harper & Brothers. Edición de 1884: Nova York. Harper & Brothers. Edición de 1886. Nova York. Harper & Brothers. Edición de 1890: Londres. John Murray. Edición de 1891: Londres. John Murray. A School Dictionary of Greek and Roman Antiquities abridged from the larger dictionary. Edición de 1857. Nova York. Harper & Brothers. Edición de 1845. Londres. John Murray. Edición de 1846. Nova York. Harper & Brothers. Edición de 1854. Nova York. Harper & Brothers. A Smaller Dictionary of Greek and Roman Antiquities. Edición de 1865. Londres. John Murray. Edición de 1868. Londres. John Murray. Edición de 1874. Londres. John Murray. Edición de 1884. Londres. John Murray. Edición de 1885. Londres. John Murray. A Concise Dictionary of Greek and Roman Antiquities based on William Smith's larger dictionary, and incorporating the results of modern research. Edición de 1898. Warre Cornish, F.; Smith, W. Londres. John Murray.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Dictionnaire des Antiquités grecques et romaines Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft Antigüidade (obxecto) Grecia antiga Roma antiga

Categoría:Enciclopedias en inglés Categoría:Enciclopedias en liña Categoría:Dicionarios en liña Categoría:Libros de historia Categoría:1842 Categoría:Historiografía clásica