Iván Redondo Bacaicoa, nado en Donostia en 1981, é un consultor político español.

Traxectoria Nado en 1981 na cidade guipuscoana de Donostia, licenciouse na Universidade de Deusto en Humanidades e Comunicación.

Foi asesor da campaña electoral do popular Xavier García Albiol para as eleccións municipais de 2011 coas que este conseguiu ser elixido alcalde de Badalona. Entre 2012 e 2015 exerceu de director do Gabinete da Presidencia da Xunta de Estremadura, con rango de conselleiro, asesorando a José Antonio Monago. No País Vasco, asesorou a Antonio Basagoiti.

Entrou a traballar con Pedro Sánchez na preparación das primarias do PSOE de 2017.

Atribúeselle a condición de ideólogo da moción de censura contra Mariano Rajoy. Tralo triunfo desta e a investidura de Pedro Sánchez como novo presidente do Goberno, produciuse o seu nomeamento como director do Gabinete da Presidencia do Goberno mediante real decreto de 8 de xuño. Tomou posesión do cargo o día 11 de xuño.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en Donostia Categoría:Nados en 1981 Categoría:Alumnos da Universidade de Deusto