Eleanor Rosalynn Carter (de solteira Smith), nada en Plains (Xeorxia) o 18 de agosto de 1927 e finada na mesma localidade o 19 de novembro de 2023, foi a Primeira Dama dos Estados Unidos de América entre 1977 e 1981 como a esposa de Jimmy Carter. Durante décadas foi voceira de numerosas causas.

Carter estivo politicamente activa durante os seus anos na Casa Branca, sentando nas reunións do gabinete. Foi a conselleira máis próxima ao seu marido. Tamén serviu como enviada no estranxeiro, particularmente en Latinoamérica.

Traxectoria esquerda|miniatura|Rosalynn Carter aos dezasete anos. Orfa de pai dende os trece anos,Carter, Rosalynn (1984), páx. 17. axudou a súa nai no seu traballo de modista para afrontar os seus estudos elementais. No Plains High School, Rosalynn traballou duro para facer realidade o soño do seu pai de que fose á facultade.Godbold, p. 44. Matriculouse no Georgia Southwestern College, mais despois abandonouno. Tiña aspiracións de saír de Plains, mais tivo que deixar a facultade debido á falta de diñeiro e por ter obrigas coa súa nai e irmáns.Wertheimer, páx. 343.

Casou con Jimmy Carter en 1946 e dende que este abandonou a Armada dos Estados Unidos colaborou na empresa familiar dedicada ao cultivo e comercialización de cacahuetes, no departamento de contabilidade.

Cando en 1962, Jimmy Carter foi elixido senador polo estado de Xeorxia, Rosalynn dedicouse a apoiar a carreira política do seu esposo. En 1970 converteuse na primeira dama de Xeorxia e decidiu centrarse na saúde mental.Lindsay, páx. 229. Máis tarde fixo campaña para a candidatura de Carter á Presidencia dos Estados Unidos. Ao final do mandato incorporouse ao proxecto do Centro Carter, onde é codirectora.

Participou activamente nas tarefas preparatorias para a asistencia da fundación ao Referendo presidencial de Venezuela de 2004 a petición de todas as partes.

Vida privada Rosalynn e Jimmy Carter casaron en Plains o 7 de xullo de 1946. O matrimonio cancelou os plans de Rosalynn de acudir ao Georgia State College for Women, onde planeaba estudar deseño de interiores.Kaufman, páx. 119. A parella tivo catro fillos: John William "Jack" (nado en 1947), James Earl "Chip" III (nado en 1950), Donnel Jeffrey "Jeff" (nado en 1952) e Amy Lynn (nada en 1967).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas The Carter Center National First Ladies Library New Georgia Encyclopedia Rosalynn Carter Institute for Caregiving

Categoría:Nados no condado de Sumter, Xeorxia Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Primeiras damas dos Estados Unidos de América Categoría:Activistas dos Estados Unidos de América Categoría:Medalla Presidencial da Liberdade