The Center Won't Hold é o noveno álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Sleater-Kinney, publicado o 16 de agosto de 2019 a través do selo Mom + Pop Music. O disco foi producido por St Vincent e trátase do derradeiros coa batería Janet Weiss, que anunciou a súa marcha do grupo o día 1 de xullo. Tras o seu lanzamento o álbum foi aclamado pola crítica.
Gravación e lanzamento En xaneiro de 2018 a banda dixo que estaba traballando na continuación de No Cities to Love, aínda que Carrie Brownstein comentou que "ían facelo moi lentamente". Carrie Brownstein suxeríulle a Jeff Tweedy producir algunhas cancións coa banda, pero primeiro comezaron a traballar con St. Vincent e gozaron traballando con ela polo que decidiron continuar así. En xaneiro de 2019 a banda anunciou que se agardaba un novo álbum para ese mesmo ano, producido por St. Vincent.
Sinxelos "Hurry On Home" foi publicado como sinxelo principal do álbum o día 29 de maio de 2019. A banda interpretou a canción no programa The Tonight Show Starring Jimmy Fallon o 19 de xuño. "Can I Go On" foi o segundo sinxelo, aparecendo nas emisoras Triple A o día 5 de agosto. Tamén se lanzou un sinxelo promocional, "The Future Is Here", aparecido o 14 de xuño. A canción do título foi editada como segundo sinxelo promocional o 17 de xullo.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Sleater-Kinney Categoría:Álbums musicais de 2019 Categoría:Álbums producidos por St Vincent