Aerodramus whiteheadi, coñecida vulgarmente como salangana de Whitehead, é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos (que comprende as salanganas), unha das vinte e seis integradas hoxe no xénero Aerodramus, endémica de Filipinas.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1895 polo ornitólogo escocés William Robert Ogilvie-Grant,Ver Aerodramus whiteheadi na páxina Order Apodiformes da IOC World Bird List do Congreso Ornitolóxico Internacional. Versión 9.2. Consultada o 29 de outubro de 2019.Aerodramus whiteheadi (Ogilvie-Grant, 1895) no ITIS. co nome de Collocalia whiteheadi.Aerodramus whiteheadi en Ibis - the International Journal of Avian Science, published by the British Ornithologists' Union, p. 459.

Etimoloxías Para a do xénero, véxase Aerodramus.

O epíteto específico, whiteheadi, é unha homenaxe ao explorador, naturalista e recolledor profesional de espécimes de aves británico John Whitehead (1860-1899).whiteheadi en: James A. Jobling (2010): Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.

Sinónimo Ademais de polo nome actualmente válido, a especie tamén se coñeceu polo sinónimo: Collocalia whiteheadi Ogilvie-Grant, 1895. (protónimo).

Subespecies Recoñécense na especie as dúas subespecies seguintes: Aerodramus whiteheadi whiteheadi (Ogilvie-Grant, 1895) - (no norte de Luzón). Aerodramus whiteheadi origenis (Oberholser, 1906) - (en Mindanao).

Hábitat e distribución Hábitat O seu hábitat natural son as montañas boscosas por riba dos 1 200 m de altitude. Segundo algúns informes, mostras da subespecie origenis tomáronse nunha árbore oca, presumibelmente ao pousar. Se varias salanganas do xénero Aerodramus non identificadas nun acantilado neboento do monte Kitanglad en 1997 foran desta especie, como parece probábel, entónces os acantilados poden ser un compoñente importante nas preferencias do hábitat.

Distribución Esta especie é endémica de Filipinas, onde se encontra só en catro zonas montañosas, unha en Luzón (ssp whiteheadi) e tres en Mindanao (ssp origenis).Collar, N. J.; Mallari, N. A. D. & Tabaranza, B. R. J. (1999): Threatened birds of the Philippines: the Haribon Foundation/BirdLife International Red Data Book. ISBN 9-7156-9334-2. Makati City, Filipinas: Bookmark. En Luzón, encontrouse no monte Data en 1895, e volveuse a ver en 2005. En Mindanao, encontrouse no monte Apo en 1904 e nos montes Kitanglad e Matutum na década de 1990, con espécimes capturados recentemente nunha localidade non identificada no sur de Cotabato (na mesma provincia que o monte Matutum). Fixéronse avistamentos recentes nos montes Polis e Kitanglad. O número de individuos da súa poboación é completamente descoñecido, en parte debido á dificultade de identificación, mesmo coas aves na man.

Costumes A época de reprodución non se coñece, pero se encontrou un niño no mes de xullo, segundo informes, nos acantilados. Ademais, catro niños (sen data) que se cre que foron feitos pola especie, encontráronse nunha árbore oca. Descoñécese tamén se é unha especie migratoria.

Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que tanto a área de distribución completa como o número de individuos da súa poboación son completamente descoñecidos, avalía o status da especie como DD (datos insuficientes).BirdLife International (2016): Aerodramus whiteheadi na Lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 29 de outubro de 2019.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Joseph del Hoyo, Andrew Elliot e Jordi Sargatal, eds. (1999): Handbook of the Birds of the World. Volume 5: Barn-owls to Hummingbirds. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2. Josep Del Hoyo, Nigel J. Collar, David A. Christie, Andrew Elliott e Lincoln D. C. Fishpool (2014): HBW and Birdlife International Illustrated Checklist of the Birds of the World, Volume 1 Non-Passerines. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-410-8. Kennedy, R. S., Gonzales P. C., Dickinson E. C., Miranda Jr, H. C. & Fisher T. H. (2000): A Guide to the Birds of the Philippines. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-4668-9. Phil Chantler (1995): Swifts: A Guide to the Swifts and Tree Swifts of the World. Mountfield, East Sussex, UK: Pica Press. ISBN 978-0-3000-7936-4.

Outros artigos Apodiformes Apódidos Colocaliinos Aerodramus

Outros artigos

Ligazóns externas Aerodramus whiteheadi. Whitehead's swiftlet na ADW. Whitehead's Swiftlet. Aerodramus whiteheadi (Ogilvie-Grant 1895) na EOL. Salangana de Whitehead. Aerodramus whiteheadi (Ogilvie-Grant, 1895) en AviBase.