Hypocrisy é unha banda sueca de death metal formada no mes de outubro de 1991 en Ludvika, no condado de Dalarna, por Peter Tägtgren.

Musicalmente, a banda comezou cun son death metal tradicional nos seus primeiros álbums, pero ao pouco tempo derivou cara ao death metal melódico. As súas primeiras letras, escritas polo vocalista orixinal Masse Broberg, falaban de temas anticristiáns e de satanismo. Porén, posteriormente a banda decidiu centrarse en temas como o paranormal e os extraterrestres. Ao contrario do que algúns pensan, Magnus non marchou da banda debido a un cambio no contido lírico, senón por un tímpano roto durante a súa primeira xira europea (posteriormente regresaría á banda de black metal Dark Funeral como Emperor Magus Caligula). O seu décimo álbum, Virus, contén temas máis típicos do death metal como violence, os horrores da realidade, tolemia, tortura, guerra, adicións ás drogas e loita emocional. O seu décimo segundo álbum, End of Disclosure, fala de conspiración e de Illuminati.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloPenetralia1992Nuclear BlastOsculum Obscenum1993Nuclear BlastThe Fourth Dimension1994Nuclear BlastAbducted1996Nuclear BlastThe Final Chapter1997Nuclear BlastHypocrisy1999Nuclear BlastInto the Abyss2000Nuclear BlastCatch 222002Nuclear BlastThe Arrival2004Nuclear BlastVirus2005Nuclear BlastA Taste of Extreme Divinity2009Nuclear BlastEnd of Disclosure2013Nuclear Blast

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais do condado de Dalarna Categoría:Grupos musicais de death metal melódico Categoría:Grupos musicais de death metal Categoría:Grupos musicais formados en 1991