Pul-ip-deul (en ) é un filme surcoreano de 2018 escrito, producido e dirixido por Hong Sang-soo. Estreouse nos cinemas de Corea do Sur o 25 de outubro de 2018.
Sinopse Nunha cafetaría, unha clienta que sempre senta nun recanto atopa inspiración nas conversas do resto da clientela para escribir no seu ordenador.
Personaxes Kim Min-hee como A-reum Jung Jin-young como Kyung-soo Gi Ju-bong como Chang-soo Seo Young-hwa como Sung-hwa Kim Sae-byuk como Ji-young Ahn Jae-hong como Hong-soo Gong Min-jeung como Mi-na Ahn Sun-young Shin Seok-ho Kim Myung-soo Lee Yoo-young
Produción A fotografía principal comezou o 7 de setembro de 2017 e rematou o 21 de setembro de 2017.
O filme supón a sexta colaboración entre a actriz Kim Min-hee e o director Hong Sang-soo.
Estrea O filme estreouse no Festival Internacional de Cinema de Berlín o 16 de febreiro de 2018. A comezos de outubro de 2018, o filme foi proxectado no programa "Korean Cinema Today - Panorama" do Festival Internacional de Cinema de Busan.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes dirixidos por Hong Sang-soo