Black Midi (estilizado como black midi) é unha banda inglesa de rock experimental procedente de Londres. O grupo está composto por Geordie Greep (voces, guitarra), Matt Kwasniewski-Kelvin (voces, guitarra), Cameron Picton (voces, baixo) e Morgan Simpson (batería). O seu nome deriva do xénero musical xaponés Black MIDI, aínda que a súa música non ten nada que ver con el. O seu son describiuse como rock experimental, math rock, rock progresivo, noise rock e post-punk.

A banda comezou a súa carreira no selo do produtor Dan Carey, Speedy Wunderground, a través do cal lanzaron o seu sinxelo "bmbmbm" en 2018. O seu álbum de estrea, Schlagenheim, foi editado o 21 de xuño de 2019 a través do selo Rough Trade Records e coa produción de Carey. O disco foi aclamado pola crítica, entrou no top 50 da lista de álbums británica, e foi nomeado ao Mercury Prize de 2019.

O 5 de xuño de 2020 a banda publicou a antoloxía The Black Midi Anthology Vol. 1: Tales of Suspense and Revenge exclusivamente a través de Bandcamp. O segundo álbum de black midi, Cavalcade, apareceu o 26 de maio de 2021 tamén a través do selo Rough Trade.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloSchlagenheim2019Rough Trade RecordsCavalcade2021Rough Trade Records

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de math rock Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais formados en 2017