Chamaeleo é un xénero de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios e infraorde dos iguanios, o tipo da familia dos camaleónidos e da subfamilia dos camaleoninos.
O xénero comprende numerosas especies, a maioría delas distrubídas na África subsahariana, pero algunhas tamén están presentes no norte de África, no sur de Europa e no sur de Asia oriental, até a India e Sri Lanka.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1768 polo médico e naturalista austríaco Josephus Nicolaus Laurenti, na súa obra Specimen Medicum, Exhibens Synopsin Reptilium Emendatam cum Experimentis circa Venena, sobre a función do veleno nos réptiles e anfibios. Neste importante libro sobre herpetoloxía definiu trinta xéneros de réptiles, mentres que na 10ª edición do Systema Naturae, de Linnaeus, publicada en 1758, definíanse só dez xéneros.
Etimoloxía O nome científico Chamaeleo deriva do latín chămaelĕōn,chămaelĕon, -ōnis en: Charlton T. Lewis & Charles Short (1879): A Latin Dictionary. Oxford: Clarendon Press. tirado do grego antigo χαμαιλέων chamailéōn,χαμαιλέων en: Henry George Liddell & Robert Scott (1843): A Greek–English Lexicon. Oxford: Oxford University Press. voz formada polos elementos χαμαί chamaí, "en terra", "polo chan", e λέων léōv, "león". Literalmente: "león da terra".
Controversias taxonómicas
Chamaeleo é o xénero tipo da familia dos camaleónidos e da subfamilia dos camaleoninos. Moitos xéneros desta subfamilia (Bradypodion, Calumma, Furcifer, Kinyongia, Nadzikambia e Trioceros) estiveron no pasado incluídos en Chamaleo, pero agora considéranse xéneros distintos.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:Chamaeleo Laurenti, 1768 en Wikispecies. Phumanola Gray, 1864 Calyptosaura Gray, 1864 Erizia Gray, 1864
Clasificación Na actualidade reoñécense no xénero as 14 especies seguintes:Chamaeleo Laurenti, 1768 no ITIS. Chamaeleo africanus Laurenti, 1768 Chamaeleo anchietae Bocage, 1872 Chamaeleo arabicus Matschie, 1893 Chamaeleo calcaricarens Böhme, 1985 Chamaeleo calyptratus A. M. C. Duméril & A. H. A. Duméril, 1851 Chamaeleo chamaeleon (Linnaeus, 1758) Chamaeleo dilepis Leach, 1819 Chamaeleo gracilis Hallowell, 1842 Chamaeleo laevigatus Gray, 1863 Chamaeleo monachus Gray, 1865 Chamaeleo namaquensis A. Smith, 1831 Chamaeleo necasi Ullenbruch, Krause & Böhme, 2007 Chamaeleo senegalensis Daudin, 1802 Chamaeleo zeylanicus Laurenti, 1768
Características
As especies do Chamaeleo son de movementos lentos, e poden mover os ollos de maneira independente. Poden cambiar de cor. Teñen unha ligua longa e unha cola prénsil. Os machos son xeralmente máis grandes e coloridos que as femias. Adoitan medir entre 15 e 40 cm (sen contar a cola).
Comportamento
A gran maioría son arborícolas e poden ser encontrados normalmente en árbores e arbustos, pero hai algunhas especies, como Chamaeleo namaquensis, que son principalmente terrestres. Todas as especies son ovíparas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Davison, Linda J. (1997): Chameleons: Their Care and Breeding. Surrey, Columbia Británica, Canadá: Hancock House Publishers. ISBN 978-0-8883-9353-1. Le Berre, François; Bartlett, Richard D. (2009): The Chameleon Handbook. 3rd Edition. Hauppauge, Estado de Nova York: Barron's Educational Series. ISBN 978-0-7641-4142-3.
Outros artigos Escamosos Lacertilios Iguanios Camaleónidos Camaleoninos
Ligazóns externas Chamaeleo na ADW. Chameleons. Chamaeleo na EOL.
Categoría:Saurópsidos Categoría:Escamosos