, cuxo nome real era , é un personaxe de ficción da franquía Neon Genesis Evangelion. É o quinto neno e décimo sétimo Anxo, Tabris. É enviado a Nerv por Seele en substitución da piloto da Unidade 02 logo de que a sincronización de Asuka Langley Soryu caese en picado. Kaworu Nagisa entra na Terminal Dogma para regresar con Adán, pero pouco despois descobre que en realidade o ser que está alí é en realidade Lilith, polo cal lle pide a Shinji Ikari que o destrúa. Aparece en Evangelion: O final de Evangelion durante o Terceiro Impacto, comunicándose con Shinji como Adán xunto con Rei como Lilith no que respecta á elección de aceptar ou rexeitar a Instrumentalidade.
Malia que aparece durante moi pouco tempo na serie (aparece en só dous episodios antes do final, e é mencionado no episodio seguinte), Kaworu converteuse nun personaxe popular e recoñecíbel, en parte debido ó seu atractivo sexual. Un enquisa de Newtype de 2010 clasificouno como o segundo personaxe masculino máis popular do anime dende a década de 1990.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de personaxes de Neon Genesis Evangelion Bibliografía
Categoría:Personaxes de Neon Genesis Evangelion