Bile ou BiléEncyclopædia Britannica, "A Coruña". é un personaxe do Lebor Gabála Érenn, un compendio medieval sobre os mitos fundacionais dos irlandeses (ou gaels) e que tamén está presente nas xenealoxías de John O'Hart, que se basean nesa tradición. É descrito como rei de Galicia, un devanceiro dos gaels, fillo de Breogán e pai de Milesius, tamén chamado Míl Espáine.Carey, John. The Irish National Origin-Legend: Synthetic Pseudohistory. Universidade de Cambridge, 1994. p.13 Míl Espáine é o suposto devanceiro de tódolos irlandeses. Malia que isto é considerado como un mito, a teoría da conquista de Irlanda por pobos provenientes da Península Ibérica en tempos prehistóricos concorda cun estudo xenético elaborado en 2006 na Universidade de Oxford, que concluíu que a maioría da poboación das illas británicas é descendente de granxeiros e pescadores neolíticos orixinarios das rexións norteñas da Península Ibérica.

Descendentes

Notas

Categoría:Mitoloxía irlandesa Categoría:Mitoloxía galega Categoría:Reis lendarios de Irlanda