Maus é unha novela gráfica creada polo debuxante estadounidense Art Spiegelman, orixinalmente publicada de forma serializada dende 1980 até 1991. Representa a Spiegelman entrevistando ó seu pai sobre as súas experiencias como xudeu polaco e sobrevivente do Holocausto. A obra emprega técnicas do posmodernismo e representa ós xudeus como ratos, ós alemáns como gatos e ós polacos como porcos. A crítica considerou Maus como unhas memorias, unha biografía, unha historia, unha ficción, unha autobiografía ou unha mestura de xéneros. En 1992, converteuse na primeira novela gráfica en gañar o Premio Pulitzer.

Foi traducida ó galego por vez primeira en 2008 (labor a cargo de Diego García Cruz) e publicada pola editorial balear InrevésMAUS (EDICIÓN EN GALEGO), publicado o 21 de novembro de 2008.. En 2017 a editorial Rinoceronte volvería traducir (traballo que fixo Estela Villar Nogueira) e publicar a obra.Novelas en tránsito , artigo en Sermos Galiza o 8 de setembro de 2017.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Obras literarias de 1991 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego Categoría:Rinoceronte Editora