Robert Koffler Jarvik, nado en Midland (Míchigan) o 11 de maio de 1946 e finado en Nova York o 26 de maio de 2025, foi un científico estadounidense, investigador e empresario coñecido polo seu papel no desenvolvemento no corazón artificial Jarvik-7.

Traxectoria Primeiros anos Robert Jarvik naceu en Midland, Míchigan, fillo de Norman Eugene Jarvik e Edythe Koffler Jarvik, e creceu en Stamford, Connecticut."Men in the News: A Pair of Skilled Hands to Guide an Artificial Heart: Robert Kiffler Jarvik". Artigo en The New York Times, 3 de decembro de 1982. Consultado de o 23 de xuño de 2006. É sobriño de Murray Jarvik, farmacólogo, que foi o coinventor do parche de nicotina.

Jarvik é graduado da Universidade de Syracuse. Obtivo un grao de mestrado en enxeñaría biomédica pola Universidade de Nova York."Milestones". Rime Magazine, 2 de marzo de 2009 páx.18

Tras ser admitido na escola de medicina da Universidade de Utah, Jarvik completou dous anos de estudo, e en 1971 foi contratado por Willem Johan Kolff, médico inventor neerlandés na mesma universidade, que produciu a primeira máquina de diálese, e que estaba a traballar noutros órganos artificiais, incluído un corazón. Jarvik obtivo o doutoramento en medicina en 1976 pola universidade de Utah. Como científico médico, non completou un internado nin unha residencia e nunca se licenciou na práctica médica."Men in the News: A Pair of Skilled Hands to Guide an Artificial Heart: Robert Kiffler Jarvik". Artigo en The New York Times, 3 de decembro de 1982. Consultado de o 27 de maio de 2007."Is this celebrity doctor's TV ad right for you?". Artigo en NBC News, 1 de marzo de 2007. Consultado de o 27 de maio de 2007.

Carreira Jarvik uniuse ao programa de órganos artificiais da Universidade de Utah en 1971, entón dirixido polo seu mentor Willem Johan Kolff. Nese tempo, o programa empregaba un corazón artificial pneumático deseñado por Clifford Kwan-Gett que sustentara un animal no laboratorio durante dez anos. Kolff asignou a Jarvik para que deseñase un novo corazón que superase os problemas do corazón de Kwan-Gett, que finalmente culminou co Jarvik-7. Great Lives from History: Inventors and Inventions - Robert Jarvik

En 1982, o equipo levou a cabo un implante de corazón artificial, o segundo da historia, trece anos despois de que Domingo Liotta e Denton Cooley realizasen o primeiro en 1969.Liotta/Cooley "Orthotopic Cardiac Prosthesis for Two-Staged Cardiac Replacement," which appears in Volume 24 (1969) of the American Journal of Cardiology (páx. 723-730). William DeVries implantou en primeiro lugar o Jarvik-7 no dentista xubilado Barney Clark na Universidade de Utah o 2 de decembro de 1982. Clark requiriu visitas frecuentes ao hospital os seguintes 112 días, tralo que faleceu. Durante as frecuentes conferencias de prensa para actualizar a situación do paciente, con DeVries, informou o mundo da condición de Clark. Os seguintes varios implantes do corazón de Jarvik-7 foron dirixidas por Humana, unha gran compañía de seguros de saúde. O segundo paciente, William J. Schroeder, sobreviviu 620 días.Artificial Heart - Early developments

En 2006, Jarvik comezou a aparecer en anuncios televisivos para o medicamento para o colesterol Lipitor de Pfizer. Dous membros do congreso, como parte dunha campaña contra a promoción por medio de famosos, comezaron unha investigación sobre se os anuncios na televisión constituían consellos médicos dados sen licenza da práctica de medicina. Un anuncio mostraba a Jarvik remando, mais debido aos seguros e outras consideracións, el non remaba, senón que se empregou un dobre de corpo."Congress questions Jarvik's credentials in celebrity ad" The State, 8 de xaneiro de 2008. http://www.thestate.com/nation/story/278107.html Máis tarde, Jarvik dixo que non tomara Lipitor ata que se converteu en voceiro da compañía.American Medical Association Journal of Ethics. Outubro de 2010, Volume 12, Número 10: 818-823 O 25 de febreiro de 2008, Pfizer anunciou que ía eliminar os seus anuncios con Jarvik.

Vida persoal Jarvik estivo casado coa columnista da revista Parade Marilyn vos Savant dende o 23 de agosto de 1987. En contra dalgunhas fontes,Brother Paul's Mormon Bathroom Reader Jarvik non é mormón.Skousen, Paul B.; Moon, Harold K. (1 de novembro de 2005), Brother Paul's Mormon Bathroon Reader, Cedar Fort, p. 39. Archived at Google Books. Consultado o 21 de marzo de 2016.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Jarvik Heart Páxina oficial. Google Patents link to Winchell Patent for Artificial Heart Pfizer Launches New Lipitor Effort MSNBC article on Jarvik and Pfizer Congress Probes Doctor's Role in Drug Ad

Categoría:Nados en Midland, Míchigan Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América Categoría:Médicos dos Estados Unidos de América