The Membranes é unha banda inglesa de post-punk formada en Blackpool, Lancashire, no ano 1977. A súa primeira formación estaba composta por John Robb (baixo), Mark Tilton (guitarra), Martyn Critchley (voces) e Martin Kelly (batería).Larkin, Colin: The Guinness Who's Who of Indie and New Wave Music, 1992, Guinness Publishing, ISBN 0-85112-579-4 Critchley deixou o grupo ao pouco tempo, encargándose Robb e Tilton das voces, e pasando Kelly moving aos teclados, incorporándose Coofy Sid para facerse cargo da batería.
O seu primeiro lanzamento foi o flexi-disc "Flexible Membrane" en 1980, e nos seguintes once anos a banda publicaría seis álbums de estudio. O seu primeiro sinxelo, "Muscles", foi sinxelo da semana na prensa musical británica e un grande éxito nos clubs de Nova York. Kelly deixou a banda despois de "Muscles", sendo substituído na guitarra por Steve Farmery para o seu seguinte traballo, o EP Pin Stripe Hype.Colin Larkin, ed. (1997). The Virgin Encyclopedia of Popular Music (Concise ed.). Virgin Books. p. 832. ISBN 1-85227-745-9
A banda foi pioneira na escena do noise de vangarda de Big Black e Sonic Youth durante varios anos co seu aclamado sinxelo "Spike Milligan's Tape Recorder", o EP Death To Trad Rock e o seu álbum The Gift of Life. Estaban destinados a ser a primeira banda en asinar co selo de Alan McGee Creation Records, pero o acordo cancelouse cando McGee non puido permitirse pagar a súa factura do estudio polo sinxelo "Spike Milligan's Tape Recorder". A banda mudouse a Manchester en 1983, e o sinxelo "Spike Milligan's Tape Recorder" foi editado a través do selo Criminal Damage, que tivo unha resposta positiva da crítica aínda que os problemas de distribución limitaron o seu impacto.
Tras The Membranes, Robb formaría Sensurround e posteriormente Goldblade.
En 2009 a banda reformouse despois de que My Bloody Valentine lles pedise participar no festival All Tomorrows Parties. The Membranes gravaron entón o aclamado álbum Dark Matter/Dark Energy e tocaron en festivais por toda Europa. A banda foi aclamada pola prensa musical por unha serie de concertos que realizaron con coros en Estonia e Portugal, e co coro do British and Irish Modern Music Institute no Reino Unido.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloCrack House1983Criminal DamageThe Gift of Life1985Creation RecordsGiant1986ConstrictorSongs of Love and Fury1986In-tapeKiss Ass... Godhead!1988Glass RecordsTo Slay The Rock Pig1989Vinyl Drip RecordsDark Matter/Dark Energy2015Cherry Red RecordsInner Space / Outer Space2016Louder Than War RecordsWhat Nature Gives / Nature Takes Away2019Cherry Red Records
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais do condado de Lancashire Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais formados en 1977