Un mundo de historias é unha serie producida por Pórtico Comunicación que se gravou no ano 2000 e emitiu a TVG no ano 2002. Dirixiuna Antón Dobao e conta as vivencias do cineasta de ficción Hadrián Castiñeira tras a volta á súa terra de orixe logo da morte de seu pai. Cada un dos sete capítulos baséase nun conto da literatura galega dos autores Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Carlos Casares, Rafael Dieste, Xosé Luís Méndez Ferrín, Ánxel Fole, Ramón Otero Pedrayo e Eduardo Blanco Amor.

Intérpretes Manuel Basoa María Bouzas César Cambeiro Mariana Carballal Blanca Cendán Brais Fernández César Goldi Luís Iglesia Tomás Lijó María Luísa Martínez Carlos Meixide Xosé Manuel Olveira "Pico" Nuria Sanz Roberto Vidal Bolaño

Categoría:Series da TVG Categoría:Series de televisión de Galicia Categoría:Series de televisión en lingua galega