Childbirth é unha banda de mulleres de rock alternativo procedente de Seattle, Washington. O grupo inclúe membros doutras bandas populares da cidade (Julia Shapiro de Chastity Belt, Bree McKenna de Tacocat e Stacy Peck de Pony Time). A banda actúa con vestidos de maternidade e no presente ten un contrato co selo Suicide Squeeze Records.

O trío conseguiu certa notoriedade en páxinas como Pitchfork e Vice Magazine pola súa canción viral "I Only Fucked You As A Joke", que tamén entrou na lista de revista Spin das 100 mellores cancións de 2014.

NPR estreou o sinxelo "Nasty Grrls" do seu álbum máis recente, Women's Rights. O disco recibiu críticas positivas de medios como Pitchfork e Spin, e despois de xirar polas dúas costas dos Estados Unidos, a banda foi invitada a actuar no Sasquatch Music Festival, e no Northside Music Festival.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloIt's A Girl2013Help Yourself RecordsWomen's Rights2015Suicide Squeeze Records

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bandcamp da banda

Categoría:Grupos musicais de Seattle, Washington Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais formados en 2012 Categoría:Bandas de mulleres