O Perú (en quechua e en aimará Piruw), oficialmente a República del Perú; é un país de Suramérica, limitado ao norte por Ecuador e por Colombia; ao leste polo Brasil, Bolivia e Chile; e ao sur e oeste polo océano Pacífico.

Posúe unha complexa xeografía dominada principalmente polas elevacións da cordilleira dos Andes e as correntes do Pacífico, que lle configura climas e paisaxes variadas como a costa desértica, a puna dos altos Andes ou a selva tropical da conca amazónica.

No seu territorio existiu unha das culturas máis antigas que se coñece de América, a civilización de Caral (XII milenio  a. C.) No século XVI, o Imperio Inca foi anexionado polos conquistadores españois con apoio de etnias contra o dominio inca. España estabeleceu así un vicerreinado que incluíu a maior parte das súas colonias suramericanas. En 1821, o país independízase.

A poboación peruana, calculada en máis de 34 millóns (2025), é de orixe multiétnica e mestiza de importante substrato indíxena á cal sumáronse as ascendencias europeas, africanas e asiáticas. O idioma máis falado é o español, aínda que un número significativo de peruanos falan diversas linguas nativas, como as linguas quechuas, as de maior número de falantes.

É un país en desenvolvemento cun Índice de Desenvolvemento Humano medio máis elevada desigualdade económica que viu mellorar os seus ingresos e decrecer o seu nivel de pobreza nos últimos anos. As súas principais actividades económicas inclúen a agricultura, pesca, minaría e a manufactura de produtos como os téxtiles. O Perú é membro da Comunidade Andina.

Politicamente, o país está organizado nunha república presidencialista democrática cun sistema político multipartidista estruturada baixo os principios de separación de poderes e descentralización. Divídese en 25 circunscricións departamentais (24 departamentos e a Provincia Constitucional do Callao) e a provincia sede da capital, que é Lima. Actualmente a súa presidenta é Keiko Fujimori.

Historia

Antes da chegada dos españois, o Perú foi o territorio de varias culturas pre-Inca e, máis tarde, do Imperio Inca. Francisco Pizarro desembarcou na costa peruana en 1532 e na fin da década de 1530 o Perú xa era un vicerreinado e unha gran fonte de ouro e prata para España.

O Perú declarou a súa independencia de España o 28 de xullo de 1821. Nas décadas seguintes, o Perú foi sacudido pola inestabilidade política, innúmeros golpes de estado e dúas guerras perdidas contra Chile e, en 1866 unha guerra contra España. En 1872, asume o primeiro presidente civil do Perú: Manuel Pardo, que catro anos despois sería sucedido polo heroe da guerra contra España, o xeneral Mariano Ignacio Prado.

En 1879 ten inicio a guerra do Pacífico, na cal o Perú, aliado á Bolivia, viuse derrotado fronte a Chile. O Perú perdeu a provincia de Tarapacá, rica en salitre, e as cidades de Arica e Tacna. Esta última só sería devolvida ao Perú en 1929.

Política

Subdivisións

O Perú divídese en 25 rexións e departamentos e estes divídense en 194 provincias, máis a Provincia constitucional El Callao. miniatura|300px

Xeografía

O Perú encóntrase na zona occidental de Suramérica comprendida entre a liña ecuatorial e o Trópico de Capricornio. Cobre unha área de 1.285.220 km², o que o converte no vixésimo país maior en tamaño da Terra e o terceiro de América do Sur. Limita ao norte con Ecuador e Colombia, ao leste co Brasil, ao sueste con Bolivia, ao sur con Chile e ao oeste co océano Pacífico.

O territorio do Perú atópase determinado polas placas suramericana e de Nazca, as cales comparten un límite converxente de subducción, é dicir, a placa de Nazca subducciona sobre a suramericana paralela á costa occidental suramericana, a unha velocidade media de 11 cm/ano. Produto desta subducción formou no Xurásico a fosa do Perú-Chile así como a elevación hoxe coñecida como cordilleira dos Andes. A erosión da mesma formou ao leste unha vasta chaira onde antes da aparición dos Andes existía unha porción de mar; esta rexión sedimentaria é a chaira amazónica. Ese mesmo proceso erosivo á causa da escarpada orografía dos Andes.

Debido á subducción tectónica, o Perú é un país altamente sísmico e presenta rexións con importante vulcanismo, principalmente no sur. O territorio peruano está dentro do chamado cinto de lume do Pacífico.

Economía

dereita|miniatura|270px|Moeda corrente de prata dun sol de 1889. Leva escrito o lema: Firme y feliz por la unión.

O Perú é un país en desenvolvemento, o seu IDH foi de 0,773 en 2005.United Nations Development Programme, Human Development Report 2007/2008, p. 230. Consultado o 28-11-2007. 39,3% da súa poboación e pobre, mentres que o 13,7% padece pobreza extrema.Instituto Nacional de Estadística e Informática, Informe técnico: A pobreza no Perú no ano 2007 , p. 3. Consultado o 26-5-2008.

Segundo o Fondo Monetario Internacional, o Perú sitúase no ano 2008 coa segunda inflación máis baixa do mundo despois de Francia e polo tanto unha das economías máis sólidas da rexión.América Economía: Perú, A segunda inflación máis baixa do mundo

No mes de abril de 2008, o incremento do Produto Interior Bruto deste país foi do 13,25 por cento, a cifra máis alta dende o ano 1995.

Demografía

O Perú é un dos tres países das Américas en que os pobos indíxenas constitúen a maioría da poboación - os outros dous son Bolivia e Guatemala. Case a metade de todos os peruanos, 45% da poboación, son amerindios. Os dous maiores grupos étnicos indíxenas son os quechua e, en números pouco menores, os aimará. Alén destes dous grandes grupos existen varias ducias de pequenas tribos amerindias espalladas polo país, para aló dos Andes e na cunca amazónica. Os mestizos, termo que designa persoas de sangue mixto amerindio e europeo (maioritariamente español), constitúen preto de 37% da poboación. Os peruanos de orixe europea son preto do 15% da poboación. Existen tamén números máis pequenos de persoas de orixe africana e, recentemente, tamén xaponesa e chinesa. Na última década, os peruanos de herdanza asiática alcanzaron grandes conquistas nos campos empresarial e político: un expresidente, varios antigos membros do goberno e varios membros do congreso peruano son de orixe xaponesa ou chinesa.

Cultura

miniatura|dereita|Urarina shaman, 1988

A cultura peruana ten as súas raíces principais nas tradicións amerindias e españolas,Víctor Andrés Belaunde, Peruanidad, p. 472. aínda que tamén foi influída por diversos grupos étnicos de África, Asia e Europa. A tradición artística peruana remóntase á elaborada cerámica, téxtiles, ourivaría e escultura das culturas preincas. Os incas mantiveron eses oficios e fixeron logros arquitectónicos incluíndo a construción de Machu Picchu. O barroco predominou na arte do vicerreinado, aínda que modificado polas tradicións autóctonas.Gauvin Alexander Bailey, Art of colonial Latin America, pp. 72–74. Durante este período, a arte concentrábase maiormente en temas relixiosos; as numerosas igrexas da época e as pinturas da escola cuzqueña son mostra dilo.Gauvin Alexander Bailey, Art of colonial Latin America, p. 263. As artes estancáronse despois da independencia até a aparición do indixenismo na primeira metade do século XX.Edward Lucie-Smith, Latin American art of the 20th century, pp. 76–77, 145–146. Desde a década de 1950 a arte peruana foi ecléctica e influído tanto por correntes internacionais como locais.Damián Bayón, "Art, c. 1920–c. 1980", pp. 425–428.

Literatura

A literatura peruana ten o seu primeiro vestixio na obra dramática anónima Ollantay, cuxas orixes se perden nos tempos do incanato, así como no taki, termo quechua que engloba literatura, danza e música. Nos tempos do vicerreinado, a literatura foi, basicamente, imitación da literatura española. Destaca en primeiro lugar, o Inca Garcilaso de la Vega cos seus Comentarios Reales de los Incas. Máis tarde, destacaron Juan de Espinosa Medrano na literatura quechua e Caviedes, o mesmo Espinosa e Peralta na castelá.

A partir da época republicana son varios os expoñentes da narrativa peruana como Felipe Pardo y Aliaga, Manuel Ascencio Segura, mais o maior literato do século XIX foi Ricardo Palma coas súas Tradiciones Peruanas. Resalta, no século XX a figura do poeta César Vallejo xunto a moitos outros vangardistas como Martín Adán. Na narrativa, Ciro Alegría e José María Arguedas polo indixenismo; e Julio Ramón Ribeyro, Alfredo Bryce Echenique e Mario Vargas Llosa, pola narrativa urbana.

A literatura peruana, así como todas as manifestacións culturais e artísticas, pasaron por varias etapas, nas cales foi influenciada por movementos ou correntes nacionais e internacionais. Os acontecementos transcendentais da historia, serviron de inspiración aos artistas que plasmaron na súa obra o sentir da época. Distínguense varios movementos, de acordo con cada época, as súas ideas e filosofía.

Música miniatura|upright|270px|Danzantes executando un baile de marinera norteña cos traxes típicos.

A música do Perú é produto da fusión a través de moitos séculos. Existen moitos xéneros de música peruana: andina, crioula e amazónica. Estas pódense clasificar en música e danzas da costa peruana, serra peruana e Amazonía Peruana. A música crioula tradicional da costa é moi variada debido a que xustamente esta é a rexión onde maior mestizaxe houbo e actualmente hai, coñecida como música crioula dentro da cal tamén encontramos as danzas afroperuanas.

Da costa centro, basicamente Lima; temos a música das ruelas da Lima de antano, como o coñecido valse peruano ou valse crioulo (cultivado noutros países sobre todo na Arxentina, dentro dos afeccionados ao tango. Lima tamén ofrece a zamacueca ou marinera limeña; dentro do cal existen variantes e extensións como o canto de Jarana e a resbalosa. A costa sur-centro Cañete, Chincha, Ica e Nazca; ofrece un culto á música afroperuana. Dos xéneros máis destacados están o festejo e o landó. Tamén están o touro mata e o panalivio.

No norte atópase a música crioula do norte. Das rexións de La Libertad e Lambayeque é típica a Marinera Norteña; que é tocada en banda, tambores e trompetas. Máis ao norte de Piura, Lambayeque e Tumbes provén a cumanana (de influencia mulata e afroperuana), o axitanado emotivo piurano tondero e o triste.

As rexións de serra sur como Huancavelica, Ayacucho, Apurímac, Cuzco e Puno caracterízanse polo huayno (e tamén a zona norte do altiplano boliviano). Da rexión do Cuzco vén a muliza, o Cóndor Pasa e de Arequipa vén o mestizo Yaraví Arequipeño, dentro dos cales destacan o coñecido Melgar e La Partida. A serra centro como Cerro de Pasco, Ancash e Junin é famoso polo seu alegre huaylas. Versións típicas deste xénero son o Pío Pío e o Huaylas Macho. Dentro das festas tradicionais andinas, a máis coñecida é o Inti Raymi que, en Sacsayhuamán, nas aforas do Cuzco, rememora cerimonias e rituais da época do Imperio Inca rendendo homenaxe ao Inti (deus Sol dos incas). O Inti Raymi celébrase o 24 de xuño de cada ano.

Gastronomía miniatura|dereita|250px|Cebiche, prato representativo da cociña tradicional peruana.