miniatura|dereita|Aldea de Santa Mariña na parroquia de Graba, concello de Silleda. miniatura|dereita|Aldea de Cancelo, na parroquia de Baredo, no concello de Baiona.
Unha aldea ou lugar é unha división xeográfica correspondente a unha unidade de poboación. As aldeas integran a parroquia e estas o concello, e están constituídas polos barrios ou lugares.
Presenza en Galicia Demograficamente, Galicia caracterízase pola súa alta taxa de dispersión demográfica, o que, xunto a un elevado número de poboacións, fai que un 50% das entidades de poboación de España se atopen en Galicia, ocupando só o 5,8% da superficie total. Así, calcúlase que en Galicia existen un millón de topónimos e microtopónimos a maioría destes ligados a aldeas e lugares espallados por toda a xeografía do país.Microtoponimia, artigo de Manuel Bragado no seu blog Brétemas. Outros expertos elevan este número ata uns tres millóns, é dicir, Galicia ten máis topónimos que habitantes.Gonzalo Navaza: “En Galicia hai máis topónimos ca habitantes”
Nas últimas décadas Galicia vén sufrindo unha sangría de poboación rural que marcha cara ás cidades, quedando a miúdo as aldeas do rural baleiras. Segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE), no ano 2007 o país tiña 1.261 lugares abandonados (sen un só habitante censado); no ano 2006 eran 1.183; en 2000 apenas superaban o millar. Ademais hai uns 1.700 lugares que só contan con un a tres veciños.IGE, La Voz de Galicia, 8.07.2008.
Refraneiro popular A aldea Dio-la dea. A aldea empobrece, envilece e embrutece. A peneira de María a tola anda a aldea toda. Comprar a ricos na vila e vender a probes na aldea non é pra ter a casa chea. Mozo de vila, regalo de aldea, Deus che llos de a quen os desea. O da aldea, pola cidá non pasea. Padriño de voda e alcalde de aldea, quen queira ser que o sea. Parente na aldea, pra quen o desea. Paxaro na aldea e reloj na poboación é unha equivocación. Por mal que che va, vive na cidá. A aldea Dio-la dea. Vale máis can da vila que rico da aldea.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Pobo Cidade
Categoría:Urbanismo Categoría:Administración