Patrycia Centeno Vispo, nada na Coruña o 19 de febreiro de 1983, é unha xornalista, escritora e especialista en comunicación política non verbal galega radicada en Cataluña. Pioneira e experta en comunicación non verbal, tamén traballou como xornalista de moda e consultora de imaxe. É colaboradora frecuente do programa Estat de Gràcia de Catalunya Ràdio .
A súa conta de twitter @politicaymoda e o seu blog "Política y moda" son dos máis influentes en termos de análise política.
Obras Política y Moda, la imagen del poder (2012) Espejo de Marx: ¿La izquierda no puede vestir bien? (2013) Sin decir ni mu: El poder de la comunicación no verbal (2019)
Notas
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1983 Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá