Paquistán presentou un filme para o Óscar ó mellor filme internacional por vez primeira no ano 1959, tres anos despois da creación da categoría, e presentouse por segunda vez en 1963. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Paquistán para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia) Título Lingua Director Resultado 1959(32ª) Jago Hua Savera Urdú 1963(36ª) Ghunghat Urdú 2013(86ª) Zinda Bhaag UrdúPanxabí , 2014(87ª) Dukhtar UrdúPaxto 2015(88ª) Moor UrdúPaxto Jami 2016(89ª) Mah e Mir Urdú Anjum Shahzad 2017(90ª) Saawan Urdú Farhan Alam 2018(91ª) Cake Urdú Asim Abbasi 2019(92ª) Laal Kabootar Urdú Kamal Khan 2020(93ª) Zindagi Tamasha Urdú e panxabí Sarmad Khoosat 2022(95ª) Joyland Urdú e panxabí Saim Sadiq 2023(96ª) In Flames Urdú e panxabí Zarrar Kahn 2024(97ª) Sheesha Gar Urdú Usman Riaz
Notas
Categoría:Cinema de Paquistán Paquistán