Patricia Davies Clarkson, nada en Nova Orleáns o 29 de decembro de 1959, é unha actriz estadounidense. Participou como protagonista e como secundaria en numerosos filmes, dende independentes ata producións dos grandes estudios. Entre os seus recoñecementos están unha candidatura ao Óscar, dúas aos Globos de Ouro, unha aos Tony, dous premios Emmy, dous premios da National Society of Film Critics e un British Independent Film Award.

Traxectoria Clarkson naceu e creceu en Nova Orleáns, filla de Jackie Clarkson (de solteira Brechtel), política e concelleira, e Arthur "Buzz" Clarkson, administrador escolar que traballaba na Escola de Medicina da Universidade Estatal de Luisiana.Patricia Clarkson profile, filmreference.com; consultado o 9 de xullo de 2014.Patricia Clarkson Biography , movies.yahoo.com; consultado o 9 de xullo de 2014. Obtivo un grao en arte dramática da Universidade de Fordham antes de asistir á Escola Yale de Arte Dramático, onde se graduou en 1985 cun Master of Fine Arts.

Debutou no cinema no filme sobre a mafia de Brian De Palma Os intocables de Eliot Ness (1987), ao que seguiu un papel secundario en Harry o sucio na lista negra (1988), con Clint Eastwood. Tras aparecer en numerosos papeis pequenos a principios e mediados da década de 1990, recibiu a atención da crítica pola súa interpretación dunha actriz drogadicta no filme independente High Art (1998). Clarkson continuou a aparecer en numerosos papeis secundarios en filmes como A milla verde (1999), The Pledge (2001) e Dogville (2003).

Recibiu o aplauso xeral da crítica polas súas interpretacións nos filmes The Station Agent, polo que recibiu unha candidatura ao premio do Sindicato de Actores, e Pieces of April, polo que foi candidata ao Globo de Ouro e ao Óscar á mellor actriz secundaria. Clarkson tamén apareceu como actriz recorrente na serie de HBO Six Feet Under entre 2002 e 2006, e gañou dous premios Emmy pola súa interpretación. Outros filmes nos que interveu na década de 2000 foron Good Night, and Good Luck (2005), Lars and the Real Girl (2007) e Elegy (2008).

En 2010, Clarkson tivo un papel secundario no suspense de Martin Scorsese Shutter Island, seguido de papeis en comedias como Easy A (2010) e Friends with Benefits. Posteriormente interpretou a malvada Ava Paige en The Maze Runner (2014) e as súas dúas secuelas. Volveu ao teatro en 2014 para interpretar o papel de Madge Kendal na produción de Broadway de The Elephant Man, pola que foi candidata ao Tony á mellor actriz. En 2017 gañou un premio do Cinema Independente Británico como mellor actriz secundaria polo drama de Sally Potter The Party, e interpretou unha personaxe na serie de Netflix House of Cards. Coprotagonizou con Amy Adams a miniserie de HBO Sharp Objects en 2018, pola que gañou o Globo de Ouro.

Vida persoal Como resposta á marea negra de Deepwater Horizon, Clarkson publicou un artigo para a revista do Natural Resources Defense Council OnEarth. Tamén publicou un anuncio falando sobre a súa experiencia crecendo en Nova Orleáns. Ambos os documentos foron publicados o 26 de xullo de 2010.

Clarkson reside en Nova York. En 2007, adquiriu un loft en Greenwich Village por 1,5 millóns de dólares. Vendeuno por 2,5 millóns en novembro de 2018.

Clarkson nunca casou e non ten fillos. Nunha entrevista de 2016, declarou, "Nunca quixen casar, nunca quixen nenos... nacín sen ese xene". Tres das catro irmás de Clarkson teñen fillos e ela é moi achegada aos seus sobriños e ás súas sobriñas. Un dos seus sobriños, Mac Alsfeld, é actor, guionista e director.

Filmografía Ano Título Personaxe Director(es) Notas Referencias 1987 Os intocables de Eliot Ness Catherine Ness 1988 Harry o sucio na lista negra Samantha Walker Buddy Van Horn 1988 Rocket Gibraltar Rose Black 1988 Everybody's All-American Leslie Stone 1990 Tune in Tomorrow Aunt Olga 1995 Pharaoh's Army Sarah Anders 1995 Jumanji Carol Anne Parrish 1998 Playing by Heart Allison 1998 High Art Greta 1999 A milla verde Melinda Moores 1999 Wayward Son Wesley 1999 Simply Irresistible Lois McNally 2000 Falling Like This Caroline Lockhart 2000 Joe Gould's Secret Vivian Marquie 2001 Annette Jennings 2001 Margaret Larsen 2001 Wendigo Kim 2002 Welcome to Collinwood Rosalind 2002 Far from Heaven Eleanor Fine 2002 Heartbreak Hospital Lottie Ohrwasher 2002 The Baroness 2003 Dogville Vera 2003 Olivia Harris 2003 All the Real Girls Elvira Fine 2003 Pieces of April Joy Burns 2004 Miracle Patti Brooks 2005 Good Night, and Good Luck Shirley Wershba 2005 Elaine Tishop 2006 Ms. Traverse 2006 All the King's Men Sadie Burke 2007 Sen reservas Paula 2007 Lars and the Real Girl Dr. Dagmar Bergman 2007 Married Life Pat Allen 2008 Blind Date Janna 2008 Phoebe in Wonderland Miss Dodger 2008 Elegy Carolyn 2008 Vicky Cristina Barcelona Judy Nash 2009 Whatever Works Marietta Celestine 2009 2081 Narradora (voz) Curtametraxe 2009 For the Love of Movies Narradora (voz) Documental 2009 Cairo Time Juliette Grant 2010 Shutter Island 2nd Rachel Solando 2010 Legendary Sharon Chetley 2010 Main Street Willa Jenkins 2010 Easy A Rosemary Penderghast 2011 Friends with Benefits Lorna 2011 One Day Alison Mayhew 2013 The East Sharon 2014 The Maze Runner Ava Paige 2014 Last Weekend Celia Green 2014 Aprendendo a conducir Wendy Shields 2014October GaleHelen Matthews 2014 Annie Focus group woman Cameo 2015Maze Runner: The Scorch TrialsAva Paige 2017The PartyApril 2017The BookshopMrs. Violet GamartIsabel Coixet 2018Maze Runner: The Death CureAva Paige 2018JonathanDr. Mina Nariman 2018DeliriumBrody 2018Out of BlueDetective Mike HoolihanCarol Morley

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas "Patricia Clarkson, Directors' Stealth Weapon" Michelle Orange, The New York Times, 30 de xullo de 2010 Patricia Clarkson "Good Night, And Good Luck" Interview Future Movies, 2 de setembro de 2006

Categoría:Nados en Nova Orleáns, Luisiana Categoría:Nados en 1959 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Luisiana Categoría:Alumnos da Universidade Yale