Australia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1996. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Até o ano 2025, dezasete filmes australianos foron presentados para o Óscar ó mellor filme internacional, e un deles, Tanna, foi nomeado para o premio. As propostas australianas son escollidas por un comité de profesionais da industria cinematográfica australiana e Screen Australia.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Australia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Lingua(s) Director Resultado 1996(69ª) Floating Life Cantonés, inglés e alemán 2001(74ª) La Spagnola Castelán, inglés e italiano 2006(79ª) Ten Canoes Yolngu matha, kunwinjku e inglés 2007(80ª) The Home Song Stories Cantonés, inglés e mandarín 2009(82ª) Samson and DelilahRunner-up: Van Diemen's Land, directed by Jonathan auf der Heide. Source: http://www.screendaily.com/awards/academy-awards/academy-awards-news/australia-selects-samson-for-foreign-language-oscar/5006233.article Warlpiri e inglés 2012(85ª) Lore Alemán 2013(86ª) The Rocket Laosiano 2014(87ª) Charlie's Country Yolngu matha 2015(88ª) Arrows of the Thunder Dragon Dzongkha 2016(89ª) Tanna Nauvhal Martin Butler, Bentley Dean 2017(90ª) The Space Between Italiano Ruth Borgobello 2018(91ª) Jirga Paxto Benjamin Gilmour 2019(92ª) Buoyancy Khmer e tailandés Rodd Rathjen 2021(94ª) When Pomegranates Howl Paxto e persa Granaz Moussavi 2022(95ª) You Won't Be Alone Macedonio Goran Stolevski 2023(96ª) Shayda Persa e inglés Noora Niasari 2025(98ª) The Wolves Always Come at Night Mongol Gabrielle Brady

Notas

Categoría:Cinema de Australia Australia