miniatura|Walter Salles, director de Ainda Estou Aqui, filme gañador do premio na 97ª edición. O Brasil presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1960. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Até o ano 2024, presentáronse 54 filmes brasileiros ó premio. Catro destes filmes resultaron nomeados ó Óscar ó mellor filme internacional, e na 97ª edición dos Óscar gañou o seu primeiro Óscar con Ainda Estou Aqui. Orfeo negro, un filme en lingua portuguesa rodado no Brasil polo director francés Marcel Camus, gañou o premio na 32ª edición, mais foi presentado polo goberno francés.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou o Brasil para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Director(es) Resultado 1960(33ª) A Morte Comanda o Cangaço Carlos Coimbra e Walter Guimarães Motta 1962(35ª) O Pagador de Promessas Anselmo Duarte 1964(37ª) Deus e o Diabo na Terra do Sol Glauber Rocha 1965(38ª) São Paulo, Sociedade Anônima Luis Sérgio Person 1967(40ª) O Caso dos Irmãos Naves Luis Sérgio Person 1968(41ª) As Amorosas Walter Hugo Khouri 1969(42ª) O Dragão da Maldade Contra o Santo Guerreiro Glauber Rocha 1970(43ª) Pecado Mortal Miguel Faria Jr. 1971(44ª) Pra Quem Fica, Tchau Reginaldo Faria 1972(45ª) Como Era Gostoso o Meu Francês Nelson Pereira dos Santos 1973(46ª) A Faca e o Rio George Sluizer 1974(47ª) A Noite do Espantalho Sérgio Ricardo 1975(48ª) O Amuleto de Ogum Nelson Pereira dos Santos 1976(49ª) Xica da Silva Carlos Diegues 1977(50ª) Tenda dos Milagres Nelson Pereira dos Santos 1978(51ª) A Lira do Delírio Walter Lima Jr. 1979(52ª) Bye Bye Brasil Carlos Diegues 1980(53ª) Pixote, a Lei do Mais Fraco Héctor Babenco 1984(57ª) Memórias do Cárcere Nelson Pereira dos Santos 1986(59ª) A Hora da Estrela Suzana Amaral 1987(60ª) Um Trem para as Estrelas Carlos Diegues 1988(61ª) Romance da Empregada Bruno Barreto 1989(62ª) Dias Melhores Virão Carlos Diegues 1991(64ª) A Grande Arte Walter Salles 1995(68ª) O Quatrilho Fábio Barreto 1996(69ª) Tieta do Agreste Carlos Diegues 1997(70ª) O Que É Isso, Companheiro? Bruno Barreto 1998(71ª) Central do Brasil Walter Salles 1999(72ª) Orfeu Carlos Diegues 2000(73ª) Eu, Tu, Eles Andrucha Waddington 2001(74ª) Abril Despedaçado Walter Salles 2002(75ª) Cidade de Deus Fernando Meirelles 2003(76ª) Carandiru Héctor Babenco 2004(77ª) Olga Jayme Monjardim 2005(78ª) 2 Filhos de Francisco Breno Silveira 2006(79ª) Cinema, Aspirinas e Urubus Marcelo Gomes 2007(80ª) O Ano em Que Meus Pais Saíram de Férias Cao Hamburger 2008(81ª) Última Parada 174 Bruno Barreto 2009(82ª) Salve Geral Sérgio Rezende 2010(83ª) Lula, o Filho do Brasil Fábio Barreto 2011(84ª) Tropa de Elite 2: o Inimigo Agora É Outro José Padilha 2012(85ª) O Palhaço Selton Mello 2013(86ª) O Som ao Redor Kleber Mendonça Filho 2014(87ª) Hoje Eu Quero Voltar Sozinho Daniel Ribeiro 2015(88ª) Que Horas Ela Volta? Anna Muylaert 2016(89ª) Pequeno Segredo David Schurmann 2017(90ª) Bingo: O Rei das Manhãs | Daniel Rezende

| align="center" | 2018(91ª) | O Grande Circo Místico Carlos Diegues 2019(92ª) A Vida Invisível | Karim Aïnouz

| align="center" | 2020(93ª) | Babenco - Alguém Tem que Ouvir o Coração e Dizer: Parou| Bárbara Paz

| align="center" | 2021(94ª) | Deserto Particular| Aly Muritiba

| align="center" | 2022(95ª) | Marte Um| Gabriel Martins

| align="center" | 2023(96ª) | Retratos Fantasmas| Kleber Mendonça Filho

| align="center" | 2024(97ª) | Ainda Estou Aqui| Walter Salles

| align="center" | 2025(98ª) | O Agente Secreto'' Kleber Mendonça Filho

Notas

Categoría:Cinema do Brasil Brasil