miniatura|Sergei Bodrov foi o director do primeiro filme kazakh nomeado ao premio. Kazakhstán presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1991, logo de independizarse da Unión Soviética. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

En 2008, Kazakhstán recibiu o seu primeiro nomeamento ó Óscar polo filme épico e biográfico Mongol, sobre a vida de Xenxis Khan.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Kazakhstán para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 1992(65ª) Gibel Otrara Ardak Amirkulov 2006(79ª) Kóshpendiler Sergei Bodrov, Talgat Temenov, Ivan Passer 2007(80ª) Mongol Sergei Bodrov 2008(81ª) Tulpan Sergey Dvortsevoy 2009(82ª) Kelin Ermek Tursunov 2010(83ª) Zabludivshiysya Akan Satayev 2011(84ª) Vozvrashchenie v 'A' Egor Mikhalkov-Konchalovsky 2012(85ª) Jaýjúrek myń bala Akan Satayev 2013(86ª) Shal Ermek Tursunov 2015(88ª) Zhat Ermek Tursunov 2016(89ª) Amanat Satybaldy Narymbetov 2017(90ª) Anaǵa aparar jol Akan Satayev 2018(91ª) Ayka Sergey Dvortsevoy 2019(92ª) Qazaq Handiǵy – Altyn Taq Rustem Abdrashev 2020(93ª) The Crying Steppe Marina Kunarova 2021(94ª) Sary mysyq 2022(95ª) Zhizn' 2024(97ª) Bauryna Salu 2025(98ª) Cadet

Notas

Categoría:Cinema de Kazakhstán Kazakhstán