miniatura|O director checo Jan Svěrák conseguiu o Óscar ó mellor filme internacional polo seu filme Kolja. A República Checa presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1994 (após a ruptura de Checoslovaquia en xaneiro de 1993). Porén, Checoslovaquia presentou filmes checos antes da súa separación. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Até o ano 2024, tres filmes checos foron nomeados ó Óscar ó mellor filme internacional, e un deles, Kolja de Jan Svěrák, acadou finalmente o premio. Outro filme de Svěrák, Tmavomodrý svět, foi presentado na categoría na 74ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Os outros dous directores checos cuxos filmes foron nomeados son Jan Hřebejk e Ondřej Trojan. Musíme si pomáhat de Hřebejk foi nomeado na 73ª edición dos premios, mais a súa proposta para a 77ª edición, Horem pádem, non o conseguiu. Želary de Trojan foi nomeado na 76ª edición dos Óscar.
Antes de converterse nun estado separado en 1993, a República Checa formaba parte de Checoslovaquia, que presentou vinte e tres filmes para a consideración da Academia entre 1964 e 1991. Tódolos filmes escollidos durante esa época contaban cun significativo número de actores, directores e equipo checos e varios deles acadaron o premio da Academia como Ostře sledované vlaky en 1967 e Obchod na korze, unha produción en lingua eslovaca de 1965.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou a República Checa para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 1994(67ª) Lekce Faust 1995(68ª) Díky za každé nové ráno 1996(69ª) Kolja 1997(70ª) Zapomenuté světlo 1998(71ª) Je třeba zabít Sekala 1999(72ª) Návrat idiota 2000(73ª) Musíme si pomáhat 2001(74ª) Tmavomodrý svět 2002(75ª) Divoké včely 2003(76ª) Želary 2004(77ª) Horem pádem 2005(78ª) Štěstí 2006(79ª) Šílení 2007(80ª) Obsluhoval jsem anglického krále 2008(81ª) Karamazovi 2009(82ª) Protektor 2010(83ª) Kawasakiho růže 2011(84ª) Alois Nebel 2012(85ª) Ve stínu 2013(86ª) Donšajni 2014(87ª) Fair Play 2015(88ª) Domácí péče 2016(89ª) Ztraceni v Mnichově 2017(90ª) Bába z ledu 2018(91ª) Všechno bude 2019(92ª) Nabarvené ptáče 2020(93ª) Šarlatán 2021(94ª) Zátopek 2022(95ª) Il Boemo 2023(96ª) Bratři 2024(97ª) Vlny 2025(98ª) Ještě nejsem, kým chci být
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Checoslovaquia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Categoría:Cinema da República Checa Checa, República