alt=A middle-aged man with short black hair talking at a press conference.|miniatura|Os filmes de Vinko Brešun foron presentados ó Óscar ó mellor filme internacional en 2000 e 2003. Croacia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1992. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Croacia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia) Título Director(s) Resultado 1991(64ª) Krhotine - Kronika jednog nestajanja 1992(65ª) Priča iz Hrvatske 1993(66ª) Kontesa Dora 1994(67ª) Vukovar se vraća kući 1995(68ª) Isprani 1996(69ª) Nausikaja 1997(70ª) Čudnovate zgode šegrta Hlapića 1998(71ª) Transatlantic 1999(72ª) Crvena prašina 2000(73ª) Maršal 2001(74ª) Kraljica noći 2002(75ª) Fine mrtve djevojke 2003(76ª) Svjedoci 2004(77ª) Duga mračna noć 2005(78ª) Ta divna splitska noć 2006(79ª) Libertas 2007(80ª) Armin 2008(81ª) Ničiji sin 2009(82ª) Kenjac 2010(83ª) Crnci Goran Dević e Zvonimir Jurić 2011(84ª) Sedamdeset i dva dana 2012(85ª) Ljudožder vegetarijanac 2013(86ª) Halimin put 2014(87ª) Kauboji 2015(88ª) Zvizdan 2016(89ª) S one strane 2017(90ª) Ne gledaj mi u pijat 2018(91ª) Osmi povjerenik 2019(92ª) Mali 2020(93ª) Dopunska nastava Ivan-Goran Vitez 2021(94ª) Tereza37 2022(95ª) Sigurno mjesto 2023(96ª) Tragovi 2024(97ª) Lijepa večer, lijep dan 2025(98ª) Fiume o morte!
Notas
Categoría:Cinema de Croacia Croacia