O lar de Clara é unha obra narrativa de Ricardo Carvalho Calero, publicada en 1984 na Narrativa completa (1984). Narrativa completa. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-321-2, mais escrita con anterioridade.

Trama

1. A cidade. A cidade, os estaleiros, os arsenais, os ingleses, os mariñeiros, os soldados, os desfiles... Así era a cidade en que nacin ao tempo de eu nacer... Que unha vez estiven doente dos ollos e a miña nai ofreceu a Santa Lucia, pola sua festa, se eu sanaba, unha vela que testemuñase o seu agradecimento. Que outra vez cain no mar e non afoguei. Entón a miña aboa ofreceu unha vela à Virge do Carmo. ¿Lembro algo máis dos meus anos de neno? Algo máis lembro. Vou-vo-lo contar. 2. Un home vai lembrar. Vou-vo-lo contar. ¿E quen sodes vós? ¿Son quizá escritor para pensar nos leitores? . O narrador volve de Cuba para visitar a familia. Só lle queda unha irmá, Clara, que ten catro fillos. Vai escribir estas lembranzas para que as poidan ler eses rapaces, el pensa volver a América. 3. Agora. Vai comparando como é a cidade de agora e como era de neno. Esta é a miña vida de agora. Por un pouco. Agiña Vigo, o trasatlántico, A Habana. Entramentres, quero lembrar a miña vida de antano nesta mesma cidade; a miña vida de neno. Ainda que non saiba para que a quero lembrar. 4. A verdade. O pai lía o xornal e a nai, lembra, era a verdadeira fonte de enerxía. Ela aprendeulle a ler. O primeiro día que foi á escola seu irmán fuxiu. El tampouco quere ir á escola e queda cos veciños de abaixo, mais logo confésalle a verdade á nai. 5. A morte. O neno cre que ten un pacto con Deus polo non vai morrer ninguén da súa familia. Son felices, o pai gaña bos cartos. Nace o quinto irmán, Rafael, mais a morte vaino levar axiña. 6. Na aldea. Pasan o verán na aldea, o pai vai traballar e volve, tamén pasea con outros señores. Lembra a súa avoa releando coas vendedoras. 7. A guerra europea. Sendo neno había guerra en Europa, non a había alí. Lembra como os alemáns non daban chegado a París. Un día sóubose que a guerra acabar e a xente saíu a celebralo. No porto está retido un barco da mariña austro-húngara. O seu capitán coincide no cine co neno e seus pais. Ao saber do armisticio o militar provoca que un sentinela lle dispare, que acabe con el. 8. À beira do mar. Pasan os veráns na beira do mar. Dan paseos e o neno aprende a remar. Van ás romarías e mercan churros. Seu irmán Duarte non anda ben, ata traen un curandeiro pero non mellora. Van e veñen á costa en coche de cabalos, pero tamén se pode cruzar a ría en barca, lancha ou vapor. 9. A gripe. E despois da guerra europea veu a gripe. Puxéronse todos doentes e foron recuperando, menos a nai, que foi esmorecendo e morreu. O neno négase á realidade e soña con que a nai reviva: se cadra trabucaran-se os médicos, se cadra ela estaba dormida, se cadra despertaria e petaria na sua tomba. Abririan-na, e ela voltaria a casa, e a miña irmá e máis eu, sentados no seu colo, choraria-mos de lediza, apertados entre os seus brazos, unhas báboas cujo mel non tiraria o acedume das choradas nas pernas do meu pai. 10. O padriño. Viven con eles a avoa materna e a madriña, a tía, irmá da nai. A avoa quedara viúva e montara unha escola de nenas ata que casaron as dúas fillas. A madriña casou cun home maior que a trataba moi ben, coma unha nena. Deulle un mal que non tiña cura, el gobernou todo e púxose a escribir unha listaxe dos membros da familia con datos biográficos. Ao rematar, saíu e pegouse un tiro, na páxina do manuscrito dedicada a si mesmo puxo: morto no día de hoje. 11. Somar e restar. A madriña vai casar co pai. O seu irmán Duarte segue mal da columna, pronto vai quedar encamado, a avoa dedícase só a coidalo, non fai outra cousa. Duarte morre cando está en camiño un novo irmán, volverían ser cinco. 12. Os catro. Dos seus irmáns a preferida era Clara, unha nena alegre e intelixente, que caía ben a todos. Logo estaba Maruxa, máis ben calada e calma. Logo Ramón, o fillo máis novo da súa nai, agarimado por todos, rifaba moito coa Maruxa. El é o maior e como tal se comporta, leva moi boas notas, aprende ben e mesmo soña con ser xeneral. 13. Adeus à madriña. A guerra europea favorecera os negocios, vailles ben, teñen dúas criadas. El xa comezara o bacharelato cando vai nacer o irmán. Mais non dá chegado a criatura, ten que vir un médico de Santiago. Morre a madriña e a nena nace morta, xa nunca serán cinco. Seu pai mira para a avoa que terá que amparar os meniños. 14. Derrubamento. Diredes que esta história é tristeira. Ben quereria que a lediza brillase nela como un risoño sol. Non a escrebo para divertir a gente, nen para educar os nenos. Ja o sabedes: eu non sei por que a escrebo. Cando a vellice se alvisca no horizonte, hai que botar contas, hai que facer balanzo, hai que anotar o capital con que un agarda afrontar o imprevisto. Agora con máis de corenta anos e antes de volver marchar lembra a tristura da infancia. Coa morte da madriña o pai empeza a deixarse ir, abandona todo e a casa mantense pola avoa. Os cartos deixan de chegar e acaba ardendo a casa que xa non estaba asegurada. Os irmáns repártense cos parentes. Aos dezaseis anos mándano a Cuba cun parente comerciante. 15. Rumba. No presente, o cuarto dá á rúa na que hai un bar no que saen os bébedos. Queda durmido e soña que de neno se ten que examinar no tribunal do instituto, os profesores fuman habanos, entran mulatas bailarinas, están todos os irmáns. O soño vaise volvendo atafegante e acaba escoitando os berros dos bébedos do bar. 16. Adeus às lembranzas. Non quere escribir máis. Pensa na súa vida, xa non está para casar e ter fillos, ten cartos mais non sabe para que. Pola contra Clara ten catro fillos, o marido mestre gaña pouco, pero ten un lar feliz. Os meniños son adorables e parécense aos seus tíos. Que ben estaría el quedando aquí! 17. Fin. Decide quedar, nada o espera en Cuba. Aquí rodeado dos retratos familiares, de Clara e os rapaces pode ser feliz. Será quen continúe a árbore familiar que deixara feita o padriño. Seguro que Clara se ha de alegrar ben cando saiba que queda. Deixarei a pluma. Todo está dito. É tempo de lecer.

Narración

Narrador Narrador homodiexético, en primeira persoa.

Espazo Un único espazo, Ferrol, aínda que non aparece o nome da cidade. A aldea da beiramar na que pasan os veráns. Hai referencias a Cuba, Vigo.

Tempo Tempo indeterminado. Escribe xa con corenta anos desde o presente lembrando a infancia. Lembra a Primeira Guerra Muncial e a posterior gripe.

Características Na edición de 1984 sinálase:

Henrique Rabuñal comenta:

Notas

Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de Carballo Calero