miniatura|Paweł Pawlikowski dirixiu Ida (2013), o primeiro filme polaco en gañar o premio. Polonia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1963. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Até o ano 2024, sesenta filmes polacos foron presentados para o premio. Trece desas propostas foron finalmente nomeadas ó Óscar ó mellor filme internacional, e Ida converteuse no primeiro filme gañador de Polonia no ano 2015.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Polonia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 1963(36ª) Nóż w wodzie 1964(37ª) Pasażerka Andrzej Munk e Witold Lesiewicz 1966(39ª) Faraon 1968(41ª) Żywot Mateusza 1969(42ª) Wszystko na sprzedaż 1970(43ª) Sól ziemi czarnej 1971(44ª) Życie rodzinne 1972(45ª) Perła w koronie 1973(46ª) Kopernik Ewa Petelska e Czesław Petelski 1974(47ª) Potop 1975(48ª) Ziemia Obiecana 1976(49ª) Noce i dnie 1977(50ª) Barwy ochronne 1978(51ª) Śmierć prezydenta 1979(52ª) Panny z Wilka 1980(53ª) Olimpiada 40 1981(54ª) Człowiek z żelaza 1985(58ª) Yesterday 1986(59ª) Siekierezada 1987(60ª) Bohater roku 1988(61ª) Krótki film o miłości 1989(62ª) Kornblumenblau 1990(63ª) Korczak 1991(64ª) Podwójne życie Weroniki 1992(65ª) Wszystko, co najważniejsze 1993(66ª) Szwadron 1994(67ª) Trzy kolory. Biały 1995(68ª) Wrony 1996(69ª) Cwał 1997(70ª) Historie miłosne 1999(72ª) Pan Tadeusz 2000(73ª) Życie jako śmiertelna choroba przenoszona drogą płciową 2001(74ª) Quo Vadis 2002(75ª) Edi 2003(76ª) Pornografia Jan Jakub Kolski 2004(77ª) Pręgi 2005(78ª) Komornik 2006(79ª) Z odzysku 2007(80ª) Katyń 2008(81ª) Sztuczki 2009(82ª) Rewers 2010(83ª) Wszystko, co kocham 2011(84ª) W ciemności 2012(85ª) 80 milionów 2013(86ª) Wałęsa. Człowiek z nadziei 2014(87ª) Ida 2015(88ª) 11 minut 2016(89ª) Powidoki 2017(90ª) Pokot 2018(91ª) Zimna wojna 2019(92ª) Boże Ciało 2020(93ª) Śniegu już nigdy nie będzie Małgorzata Szumowska, Michał Englert 2021(94ª) Żeby nie było śladów Jan P. Matuszyński 2022(95ª) IO Jerzy Skolimowski 2023(96ª) Chłopi Dorota Kobiela e Hugh Welchman 2024(97ª) Pod wulkanem Damian Kocur 2025(98ª) Franz Agnieszka Holland

Notas

Categoría:Cinema de Polonia Polonia