Lucia Cernadas Varela, nada en Cecebre (Cambre) en 1997, é unha cantante, escritora e poeta galega.
Traxectoria
Estudou o Bacharelato no IES Afonso X O Sabio de Cambre. Estudou Filoloxía Inglesa e Galego-Portuguesa na Universidade da Coruña onde realizou simultaneamente o Grao en Inglés e o Grao en Galego e Portugués e, dende 2023, traballa como profesora de galego na Universidade de Oxford.
En 2015 gañou o III premio escolar da Fundación Rosalía de Castro na modalidade de Bacharelato.Los premios escolares de la Fundación Rosalía se fueron a Cambre, Porriño y Moraña En 2016 gañou o XXIII Certame literario de poesía e narración breve do concello de Cambre. En 2017 gañou o XXIV Premio de Creación Literaria e Ensaio da Facultade de Filoloxía.XXIV Premio de Creación Literaria e Ensaio En 2019 autopublicou o poemario Sutura baixo o paraugas de Leite Edicións. É a presidenta do coro Cantabile desde marzo de 2019.
Obras Sutura, 2019. Espinha, 2020.
O corpo é umha promessa, 2024.Lucia Cernadas: “O livro quere contar umha história justa e isso implica umha história complexa” Obras colectivas Poesía galega novísima, 2020, Urutau.
Mafia, amiga, 2021, Leite Edicións. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas #FamiliaCantabile: Jesús Rodil e Lucía Cernadas
Lucía Cernadas: "A poesía é un xénero con certo prestixio e capital simbólico, e cunha aura requintada"
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega
Categoría:Poetas de Galicia
Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Nados en Cambre Categoría:Nados en 1997