Mark Arm, nado como Mark Thomas McLaughlin o 21 de febreiro de 1962, é o vocalista da banda de grunge Mudhoney. É tamén considerado o creador do termo grunge para describir o seu estilo de rock. A súa primeira banda, Green River, é unha das primeiras bandas deste estilo xunto con Malfunkshun, Soundgarden, Skin Yard, ou U-Men, entre outras. Tamén é o xerente do almacén do selo Sub PopMojo Magazine "Nirvana: Spirit of '88" por Keith Cameron; agosto de 2008; p. 84 e anteriormente traballou en Fantagraphics Books.

Traxectoria Arm naceu o 21 de febreiro de 1962 na base da Forza Aérea de Vandenberg en California, e medrou en Kirkland, Washington. De neno foi membro dos Boy Scouts. Graduouse no Bellevue Christian High School en Bellevue, Washington.

No ano 1985 Arm btivo o grao de inglés con énfase en escritura creativa pola Universidade de Washington.

Primeiras bandas Mark Arm entrou na escena musical de Seattle en 1980, despois de formar unha banda mentres aínda estaba no instituto chamada Mr. Epp and the Calculations. A banda non fixo o seu primeiro concerto ata 1981, facendo de abreconcertos de Student Nurse. Mark falaba de Mr. Epp como "a peor banda do mundo". En 1982 editaron o EP Mohawk Man e ao ano seguinte introduciron como segundo guitarrista a Steve Turner e editaron un casete. Mr. Epp and the Calculations separouse en 1984.

Despois do fin de Mr. Epp and the Calculations, Mark Arm e Steve Turner (que fixéranse grandes amigos) uníronse á banda Limp Richerds durante unhas semanas. Despois diso, Arm e Turner recrutaron a Jeff Ament, Stone Gossard e Alex Vincent para formar a banda Green River. Green River editou dous EPs e un álbum antes de separarse. Steve Turner deixou a banda para rematar os seus estudos, e Arm tivo que formar unha nova banda. Despois de que Turner volvese, eles retomaron o seu proxecto paralelo a Green River, The Thrown Ups.

Mudhoney Arm e Turner formaron, xunto co batería Dan Peters e o baixista Matt Lukin (antigo membro de Melvins), Mudhoney. En 1988 Sub Pop editou o primeiro sinxelo da banda, "Touch Me I'm Sick". Despois dunha longa xira e un EP, Mudhoney editou o seu álbum de debut, Mudhoney, en 1989. O seu seguinte traballo, Every Good Boy Deserves Fudge, chegou pouco despois, xusto antes do estoupido do grunge, grazas á edición do Nevermind de Nirvana. Na época, Sub Pop, a súa discográfica, estaba "ao bordo da quebra, tendo problemas para pagar a súa banda estrela, atrasando gravemente o lanzamento do álbum ata xullo de 1991".Mojo Magazine "Come As You Are" por Michael Azerrad; agosto de 2008; p. 96 En 1992, a banda asinou por unha multinacional, Reprise Records, e editou Piece of Cake. O álbum non vendeu ben debido á combinación do son intransixente da banda e á sobresaturación do xénero; segundo Stephen Turner, no disco nótase "con que facilidade lles chegaran as cousas... as cancións estaban medio cocidas... e Mark non estaba no seu mellor momento".

Aínda que nunca alcanzaría a fama dalgúns dos seus contemporáneos, Mudhoney é unha das poucas bandas de grunge que continúan editando álbums. No 2002 editaron Since We've Become Translucent, no 2006 aparecería Under a Billion Suns, e o seu máis recente traballo, The Lucky Ones, foi editado en maio do ano 2008, a través do selo Sub Pop. A contribución de Arm e de Mudhoney á música grunge é realmente moi significante.

Traballo en solitario e proxectos paralelos Arm editou "The Freewheelin' Mark Arm" como un sinxelo en solitario no ano 1990. Foi vocalista e guitarrista na banda Bloodloss e vocalista no supergrupo de Seattle The Monkeywrench. Nesta banda tocaban ademais de Arm e o seu compañeiro en Mudhoney Steve Turner, Tim Kerr (Lord Hi Fixers, Big Boys, Poison 13), Tom Price (Gas Huffer) e Martin Bland (Bloodloss). Arm tamén apareceu coma convidade en varios álbums, sendo o máis destacable o EP de Alice in Chains Sap, editado en 1992.

En 1998 apareceu na banda sonora da película Velvet Goldmine con Ron Asheton, Mike Watt, Thurston Moore e Steve Shelley baixo o nome Wylde Ratttz.

No ano 2000 Arm, Turner, Peters, Scott McCaughey, Tom Price e Bill Henderson gravaron o álbum The New Original Sonic Sound baixo o nome The New Strychnines, formado por 16 temas coa lendaria banda dos 60 de Seattle The Sonics. O disco foi editado polo selo Book Records.

No 2004 xirou con MC5, suplindo a Rob Tyner na voz.

En 2013 cantou na versión do tema de The Scientists "Set It on Fire" para o álbum de Melvins Everybody Loves Sausages.

Notas

Categoría:Cantantes de Washington Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Seattle, Washington