O dióxido de nitróxeno, NO2, é un dos compostos que pode formar o nitróxeno co osíxeno. É un gas, contaminante atmosférico (compoñente do smog fotoquímico) producido principalmente pola industria ou o transporte (queima de combustibles) que pode dar unha coloración amarela á atmosfera.

Efectos nocivos É tóxico, irritante e precursor da formación de partículas de nitrato, que poden producir ácido e altos niveis de PM-2,5 na atmosfera. Afecta de xeito principal nos humanos ó sistema respiratorio.

Notas

Categoría:Compostos de osíxeno Categoría:Óxidos Categoría:Radicais libres