O século XXVI antes de nosa era comezou o 1 de xaneiro do ano 2600 a.C. e terminou o 31 de decembro de 2501 a.C. right|200px|miniatura|Imaxe da Gran Pirámide de Queops.

Acontecementos relevantes

En Rødøy (Noruega) debúxanse skis, o que demostra o seu uso. En Iraq doméstanse o Camelo bactriano e o dromedario. Continúan as guerras mesopotámicas do período dinástico arcaico (entre 2900 e 2334 a.C.). c. 2614-2579 a.C.: reina o faraón Seneferu, o primeiro gobernante da IV dinastía exipcia, do Imperio Antigo de Exipto.Segundo o exiptólogo von Becker C .: en Creta comeza a fase 1 do período pre-palaciano.Segundo Mellersh (1970). c. 2600 a.C.: na serra dos Cuchumatanes (Guatemala) configúrase a lingua maia.Alfredo Barrera Vásquez. Dicionario Maia-Español, Cordemex. México, 1980 c. 2600 a.C.: aparecen as civilizacións megalíticas no sueste e suroeste da Península Ibérica, entre elas Los Millares. c. 2600 a.C.: A Civilización do val do Indo acada a madureza para converterse nunha poderosa civilización. c. 2600-2500 a.C.: en Dinamarca celébranse banquetes de caza con cabalos salvaxes.Segundo Clutton-Brock. c. 2600 a.C. - 1900 a.C.: Constúese un gran depósito de auga, posiblemente unha zona de baños públicos ou rituais, Mohenjo-daro, Civilización do val do Indo. c. 2589 a.C.: o faraón Queops comeza a reinar. Constrúese a Gran Pirámide de Gizeh (Río Nilo). (Outra data é 2789 a.C.). c. 2578 a.C.: morre Queops. c. 2550 a.C.: Mesannepada é o rei de Ur (será sucedido polo seu fillo), e funda a primeira dinastía de Ur e derroca ao último rei de Uruk, e o rei Mesalim de Kish.Segundo Roux (1980). c. 2547 a.C.: en Exipto comeza a reinar Quefrén. Constrúese a Grande Esfinxe de Gizeh. c. 2514 a.C.: en Exipto comeza a reinar Micerinos. c. 2503 a.C.': morre o faraón Micerinos. c. 2500 a.C.: a lendaria liña de Os tres Augustos e os cinco Emperadores da China é fundada polo Emperador Amarelo. c. 2500 a.C.: comeza a construción do círculo de pedra en Stonehenge e continúa durante os seguintes cincocentos anos. c. 2500 a.C.: "Micerinos e unha raíña, quizais a súa muller, a raíña Khamerernebty II", atopada en Gizeh (IV dinastía exipcia). Atópase no Museo de Belas Artes de Boston.

Culturas

A cultura Butmir existiu en Butmir, preto de Ilidža, Bosnia e Hercegovina, data do Neolítico. Caracterízase pola súa cerámica única e é unha das culturas europeas mellor investigadas entre o 2600 e o 2400 a.C. c. 2600 a.C.: As cidades de Assur, Nineveh, Gasur e Arbela xunto con outras cidades e vilas existían polo menos desde a metade do III milenio antes de Cristo, aínda que parecen ser centros administrativos gobernados por Sumeria nese momento, en lugar de estados independientes.

Personaxes relevantes c. 2601 a.C. – 2578 a.C., reinado do faraón Queops da IV dinastía exipcia (Imperio Antigo de Exipto) 2575 a.C., o faraón Snefru da IV dinastía exipcia. 2528 a.C., Djedefre é faraón. 2520 a.C., Quefrén é faraón.

Defuncións Morre Queops.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Século -XXVI