O século XXXIII a. C. comezou o 1 de xaneiro do ano 3300 a. C. e terminou o 31 de decembro de 3201 a. C.

Acontecementos

Cambio climático importante posiblemente debido ao cambio na actividade solar. Expándense os Glaciaresr, cubrindo plantas. Caen as temperaturas atmosféricas. O Sáhara pasa de ser unha rexión habitable a un deserto árido. No Antigo Exipto comezan a usar selos de arxila, óso e marfil para etiquetar caixas, posiblemente un exemplo de protoescrita. A Civilización do val do Indo (tamén coñecida como civilización Harappan) comeza en Harappa. c. 3300 a. C.: no val do Río Indo desenvólvese a Escritura do Indo. c. 3300 a. C.: Pictogramas en Uruk. 3300 a. C. ata 3000 a. C.: Dama de Warka, de Uruk (Warka moderna, Iraq). Agora atópase no Museo de Iraq, Bagdad (roubado e recuperado en 2003). c. 3300 a. C.: constrúese o 'Templo Vermello', a primeira fase do santuario do Monte d'Accoddi no noroeste de Sardeña. 3300 - 3000 a. C.: evidencias de proto-tracios ou de proto-dacios no período prehistórico. O pobos Proto-Dacios ou proto-Tracios desenvolvéronse a partir dunha mestura de pobos indíxenas e indoeuropeos desde a época de expansión proto-indoeuropea nos primeiros tempos da Idade de Bronce.

Invencións, descubrimentos, inicios A Idade de Bronce comeza no Crecente Fértil (Roux, 1980). É introducido o gando no val do Nilo. Os exipcios domestican o asno salvaxe de África do Norte (Clutton-Brock). c. 3250 a. C., se usa o torno de olería no Antigo Oriente Próximo.

Persoas significativas miniatura|Memorial a Ötzi o home conxelado Ötzi o home conxelado, unha momia descuberta nos Alpes austríaco / italiano en 1991.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Século -XXXIII