Vóóhéhéve,Segundo a ortografía do cheyenne estandarizada. máis coñecido como Estrela da Mañá (tradución do inglés Morning Star), nado c. 1810 nalgún lugar do val do río Rosebud, Montana,Starita, 2004, p. 572. e finado en 1883,Palmer, 2011, p. 246. foi un gran xefe dos cheyenne do norte durante o século XIX. Fíxose notar pola súa activa resistencia á colonización do Oeste e contra o Goberno Federal dos Estados Unidos de América. É debido á coraxe e determinación de Estrela da Mañá e outros líderes cheyennes que os cheyennes do norte aínda posúen terras no seu territorio tradicional (hoxe en día Montana).

Nome O seu nome en lingua cheyenne era Vóóhéhéve, pronunciado [voː.hɪ.hɪv],As vogais en posición final vólvense xordas en cheyenne. que significa Estrela da Mañá (en inglés: Morning Star). Porén, foi máis coñecido como Tamílapéšni (pronuncia lakota [ta.mɪ.la.peʃ.nɪ]), o nome que lle deron os seus aliados lakota,Os documentos cítano como Tah-me-la-pash-me; de ta (seu) + míla (gran coitelo) + péšni (desafiado). co significado de Coitelo Desafiado (en inglés: Dull Knife). miniatura|esquerda|Coiote Pequeno e Estrela da Maña. Traxectoria En 1868, Estrela da Mañá representou á súa tribo na sinatura do Tratado de Fort Laramie. (Imaxe do tratado coa sinatura de Estrela da Mañá (Tah-me-la-pash-me) ).Tratado recompilado en:

Posteriormente, aliouse cos lakota e outras tribos contra os Estados Unidos na gran guerra síux de 1876, que levou á derrota do xeneral Custer na Batalla de Little Bighorn en 1876. Logo da batalla os indios dispersáronse, e os cheyennes dividíronse en dous grupos, descoñecéndose durante moito tempo a situación do campamento de Estrela da Mañá,Bird, 1983, p. 359. que estaba entón nas Montañas Bighorn. Cando finalmente foi atopado, o 25 de novembro de 1876, os soldados americanos ao mando de Ranald S. Mackenzie destruírono por completo. Os cheyennes pasaron entón o inverno no campamento de Cabalo Tolo no río Powder, e na primavera de 1877 rendéronse.Bird, 1983, p.398. A maioría deles foron trasladados ao Territorio Indio de Oklahoma.

Por mor das febles poboacións de bisontes no sur, e incapacitados para cazar, a tribo padeceu fame e doenzas. A situación durou un ano, até setembro de 1878, cando Estrela da Mañá comezou a levar á tribo de volta ao norte, cara ás súas terras natais en Montana.

Loitando a través de Kansas, os cheyennes foron capaces de evitar o exército federal até que foron capturados preto de Fort Robinson, en Nebraska. O 8 de xaneiro de 1879, a tribo tentaba escapar ó norte cando moitos dos cheyennes, maioritariamente mulleres e nenos, foron asasinados polo exército federal. Non obstante, unha pequena parte da tribo, incluíndo a Estrela da Mañá, conseguiu fuxir.

Estrela da Mañá morreu de causas naturais en 1883 e foi queimado nunha gran pira preto do río Rosebud, mirando á terra onde quedou a maioría do seu pobo. Familia thumb|280px|A Reserva india dos Cheyennes do Norte, na esquina inferior dereita do mapa. Como era común entre os indios das grandes pradarías, Estrela da Mañá tivo dúas mulleres. A primeira delas foi unha muller pawnee, chamada simplemente Muller Pawnee (Pawnee Woman), que capturara aos pawnee, e quen lle deu catro fillas e un fillo. A súa segunda muller foi A Pequena (Short One), con quen tivo tres fillos varóns e tres fillas máis.Starita, 2002, p. 73.

Legado Un ano logo da súa morte, o 26 de marzo de 1884, o Goberno dos Estados Unidos de América estabeleceu de xeito oficial unha parte do territorio de Montana, a Reserva india dos Cheyennes do Norte, como fogar dos cheyennes do norte.

En 1975 foi creado en Lame Deer, Montana o Chief Dull Knife College, unha institución de ensino superior que leva o seu nome pola importancia de Estrela da Mañá como xefe e líder do seu pobo. Entre as diferentes titulacións que ofrece, destacan os estudos en lingua e culturas cheyennes.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Coiote Pequeno

Categoría:Pobo cheyenne Categoría:Finados en 1883 Categoría:Nados en 1810 Categoría:Nados en Montana Categoría:Líderes nativos americanos