Rosetta é un filme franco-belga de 1999 escrito e dirixido polos irmáns Dardenne. Conta a historia dunha moza de dezasete anos (interpretada por Émilie Dequenne) que vive nun parque de caravanas coa súa nai alcohólica.

O filme gañou numerosos premios, incluíndo a Palma de Ouro e o premio á mellor actriz no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1999, e recibiu a aclamación da crítica logo da súa estrea. Foi escollido como candidato de Bélxica para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 72ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Filmes de Bélxica propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 72ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos polos irmáns Dardenne Categoría:Filmes ambientados en Bélxica Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro