O Museo do Ouro Calima é un museo arqueolóxico dedicado á cultura calima que se atopa no centro histórico de Santiago de Cali, Colombia. O Museo do Ouro Calima foi o noveno museo creado polo Banco da República de Colombia para amosar as expresións artísticas e culturais das poboacións precolombianas. É tamén un dos seis museos do ouro do Banco que existen en Colombia, sendo o principal o Museo do Ouro de Bogotá.

O museo contén 615 pezas precolombianas de ouro, cerámica, pedra, madeira, cunchas e outros materiais creados polas sociedades ilama, yotoco e sonso, que historicamente viviron na rexión. As pezas arqueolóxicas creadas por unha cuarta sociedade coñecida como malagana atópanse no Museo do Ouro de Bogotá. Estas pezas non foron incluídas no museo por mor de limitacións de almacenamento.

A admisión ó museo é de balde para tódolos visitantes e está aberto de xoves a sábado. Existe a opción de visita guiada baixo demanda. O museo atópase no edificio do Banco da República.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cultura calima Museo do Ouro

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Museos de Colombia