Night Shift é un videoxogo desenvolvido por Lucasfilm Games en 1990, publicáronse versións para MS-DOS, ZX Spectrum, Amstrad CPC, Commodore 64, Commodore Amiga e Atari ST. O heroe do xogo é o traballador dunha fábrica de xoguetes das industrias Might&Logic. A BESTA é a máquina encargada de fabricar os xoguetes, desgrazadamente, non é un prodixio da tecnoloxía e ten numerosos fallos, a misión do protagonista será resolvelos.
Categoría:Videoxogos de 1990 Categoría:Videoxogos de DOS