Xosé Diéguez Reboredo, nado en Enquerentes (Touro) o 25 de abril de 1934 e finado en Santiago de Compostela o 18 de xullo de 2022, foi un eclesiástico galego, foi bispo de Ourense e de Tui-Vigo.
Traxectoria Estudou no seminario de Compostela e en Salamanca, tamén foi licenciado en ciencias exactas pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor de matemáticas no seminario menor de Compostela. Foi bispo de Osma-Soria e da diocese de Ourense.
En abril de 2009 presentou ó papa a renuncia do bispado de Tui-Vigo ao acadar setenta e cinco anos de idade, e en xaneiro de 2010 foi substituído.
Vida persoal Era irmán de Ramón Diéguez Reboredo, que foi alcalde de Touro
Véxase tamén
Ligazóns externas www.diocesetuivigo.org www.Catholic-hierarchy.org
Notas
Categoría:Bispos da diocese de Ourense Categoría:Bispos da diocese de Tui-Vigo Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Nados en Touro