Sandra Quintas Vázquez, nada en Bande o 28 de decembro de 1982, é unha política e mestra galega, alcaldesa de Bande polo PPdeG.

Traxectoria Estudou o bacharelato en Bande, e licenciouse en Psicopedagoxía e diplomouse en Maxisterio na Universidade de Sevilla. En 2007 comezou a traballar como mestra en distintos colexios da provincia de Ourense. Vinculada ao Partido Popular, en xaneiro de 2019 foi designada xefa territorial de Cultura e Turismo, ou sexa, coordinadora provincial da consellaría homónima. Concorreu ese ano tamén como número 3 da lista do PPdeG ás eleccións municipais de Bande, e saíu elixida concelleira.

En marzo de 2020 o alcalde de Bande, José Antonio Armada, renunciou para concorrer ás eleccións ao Parlamento de Galicia que estaban previstas para o 5 de abril dese mesmo ano, e que non se chegaron a realizar. Quintas pasou a ser alcaldesa en funcións. Cunhas semanas de atraso pola ocorrencia da epidemia de covid-19, o pleno municipal escolleu a Sandra Quintas como sucesora de Armada. Nas municipais de 2023 encabezou candidatura do PPdeG e revalidou a alcaldía con maioría absoluta.

Notas

Categoría:Alcaldes de Bande Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Bande Categoría:Nados en 1982 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Sevilla